Actualidade
Buscador de novas
O Festival Galicia Ilusiona encherá a oferta turística urbana do outono co apoio da Xunta
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participa na presentación desta iniciativa que se desenvolverá do 3 ao 20 de outubro nas sete cidades
A Xunta anima ás entidades da Alianza galega polo clima a recorrer á oficina técnica da iniciativa para aproveitar as sinerxías fronte ao quecemento global
Ángeles Vázquez apela á Responsabilidade Social Empresarial para continuar traballando da man de cara a acadar unha economía baixa en carbono, unha eficiencia enerxética, unha mobilidade sostible e unha xestión responsable dos residuos
Villares destaca que o marisqueo só conta co apoio da Xunta, a través dun plan propio, dotado con 40 M€ para dar cobertura a proxectos de mellora da resiliencia da súa produción
Avanza que, no marco desta iniciativa coa que se mobilizarán 123M€, xa se habilitaron axudas para os afectados pola paralización da actividade extractiva, a mellora dos seus equipamentos, formación ou a restauración da biodiversidade
Anxo M. Lorenzo pon en valor a sinerxía entre a arte e a literatura na mostra de Baldomero Moreiras en Ourense
O director xeral de Cultura visita a exposición ‘O colaxe na literatura ourensá’ na que o autor homenaxea aos escritores Curros Enríquez, Otero Pedrayo, Valente e Méndez Ferrín
Anxo M. Lorenzo destaca “o bo momento do sector cultural galego” nas xornadas que reúnen 600 profesionais en Santiago
O director xeral de Cultura participa na benvida do X Encontro Cultura e Cidadanía que se celebrará con sede conxunta no CGAC e o Museo do Pobo Galego
A Xunta realiza labores de conservación nun tramo de 1,3 quilómetros do río Umia, en Caldas de Reis
As tarefas que está a realizar Augas de Galicia consisten na retirada de árbores caídas e biomasa para evitar atoamentos
Miguel Corgos advirte de que a saída de Cataluña do réxime común suporía un maior prexuízo para Galicia coa actualización das cifras do Goberno central
A liquidación definitiva do Sistema de Financiamento Autonómico para o 2022 deixaría á Comunidade galega con 628 millóns de euros menos
Diego Calvo reúnese co novo xefe do equipo de resposta policial, o inspector César Ramos
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes desexoulle un frutífero labor ao fronte dunha unidade fundamental, xa que posibilita a actuación policial inmediata ante calquera incidencia e con especial atención á loita contra o furtivismo e a pesca e marisqueo ilegais