Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 12.973 novas:

18/05/2024 | 14:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta amplía desde este luns a oferta de servizos de autobús entre Vigo e o aeroporto de Santiago polo peche temporal da terminal de Peinador

O Goberno galego activou esta solución de urxencia ante a falta de alternativas para os viaxeiros por parte do Executivo central que promove a obra na pista viguesa

18/05/2024 | 13:20 | C. de Economía e Industria

Lorenzana pon en valor a implicación do tecido empresarial no fomento de proxectos de aforro e eficiencia enerxética

A conselleira de Economía e Industria visitou esta mañá o aloxamento La Curia, beneficiario do programa de renovables térmicas para diferentes sectores da economía galega, onde lembrou que o prazo para solicitar este apoio permanece aberto ata o vindeiro 31 de xullo

18/05/2024 | 12:59 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en marcha unha Campaña de Prevención de Riscos na montaxe e desmontaxe de escenarios para eventos para reducir a sinistralidade laboral

A iniciativa do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) céntrase en evitar as caídas de altura e en mellorar a coordinación entre todas as empresas que participan na construción dos escenarios

18/05/2024 | 12:22 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta reúnese con representantes do ocio nocturno para impulsar a implantación do protocolo contra as violencias sexuais e lgtbifóbicas

Unha vintena de establecementos do sector xa se adheriron a esta iniciativa e arredor de 40 profesionais recibiron formación específica

18/05/2024 | 12:18 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de San Xoán de Río estudan o desenvolvemento dun proxecto de depuración de augas residuais e pluviais mediante humidais artificiais

Ángeles Vázquez explica que o Goberno galego continuará prestando o seu apoio técnico e económico aos concellos para que poidan exercer as súas competencias de saneamento e abastecemento de xeito máis eficiente