Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 12.167 novas:

19/04/2024 | 12:53 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade fixa como un dos retos do seu departamento conseguir un uso responsable e eficiente da intelixencia artificial en beneficio do paciente

Segundo sinala o titular da carteira sanitaria do Executivo galego, a intelixencia artificial é un apoio para os nosos profesionais sanitarios, e serán eles os que terán a última decisión na práctica clínica

19/04/2024 | 12:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia que o alumnado do instituto IES Valle-Inclán poderá estrear as primeiras aulas novas a partir do luns

Salienta a envergadura da obra neste edificio histórico que cualifica como “unha das catedrais educativas que temos en Galicia” cun investimento de 4,7M€

19/04/2024 | 12:15 | C. do Medio Rural

O DOG publica hoxe a declaración de utilidade pública e interese social de tres novos polígonos agroforestais

Destes novos polígonos, dous están situados nos concellos ourensáns de San Xoán de Río e Os Blancos, e o terceiro conta con terreos na Peroxa e tamén no municipio lugués de Carballedo

19/04/2024 | 12:03 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon de relevo que o 57 % dos proxectos atendidos no Polo de emprendemento de Coristanco están impulsados por mulleres

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou no evento ‘Muller rural emprendedora, desafíos e oportunidades’ celebrado en Santa Comba e organizado desde este Polo coruñés

19/04/2024 | 10:50 | C. do Mar

Portos de Galicia outorga concesións para a xestión de lonxa ás confrarías de Moaña, Pontedeume, Ribadeo, Noia e Vilaxoán

As taxas que terán que abonar pola ocupación do solo portuario polos edificios das rulas contan cunha bonificación do 90 %

18/04/2024 | 21:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda destaca o labor dos empresarios xoves polo crecemento económico de Galicia

Manifesta a súa confianza polo futuro económico de Galicia

18/04/2024 | 19:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
18/04/2024 | 18:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta salienta que ningún concello presentou a solicitude de declaración de zona tensionada e advirte das consecuencias negativas da medida para o mercado de alugueiro

Heriberto García lembra que a lei estatal de Vivenda achega máis incertezas que confianza ao mercado residencial, polo que o Goberno galego xa a recorreu ante o Constitucional 

18/04/2024 | 18:00 | C. do Medio Rural

A Xunta e a Fegamp apostan por seguir avanzando na colaboración institucional para reforzar a loita “planificada e conxunta” fronte á velutina

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, afirmou que a loita contra esta especie “é cousa de todos” e avogou por “seguir potenciando a coordinación entre todos os sectores implicados”