Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 16.694 novas:

25/09/2024 | 18:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta avanza co encontro ‘Ultreia’ da provincia de Pontevedra no impulso do emprendemento mediante a suma de sinerxías e solucións conxuntas a novos retos

Á espera do último encontro provincial que terá lugar mañá en Lugo, José González felicitou ás empresas emerxentes pontevedresas que foron escollidas para sondar financiamento no Foro de investimento final que terá lugar a nivel galego

25/09/2024 | 18:22 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta incide no compromiso coa remuda xeracional para garantir a continuidade dos comercios e negocios que xeran riqueza e emprego

José González puxo en valor esta iniciativa pioneira, dotada con 1,5 millóns de euros e cuxo prazo permanece aberto ata o 30 de outubro, aínda con crédito dispoñible

25/09/2024 | 18:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta volve reclamar ao Goberno o cumprimento do compromiso de ampliar as bonificacións nas autoestradas estatais AP-9 e AP-53

María M. Allegue avanzou que asistirá o 16 de outubro ao Pleno do Congreso para escoitar ao ministro de Transportes, Óscar Puente, á espera de que “aclare a súa posición respecto da AP-9 e da ampliación das bonificacións”

25/09/2024 | 18:16 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destina 1,7 M€ a mellorar o sistema de abastecemento de auga de Ares

Ángeles Vázquez subliña que esta actuación ten como finalidade poñer á disposición da cidadanía auga potable de calidade, presións de subministración axeitadas e garantir en todo momento o servizo

25/09/2024 | 18:14 | C. do Mar

Villares defende unha transición enerxética gradual e realista para o sector que garanta a súa competitividade e respectando o medio ambiente

Adianta que a consellería, en colaboración coa UDC, a Fundación Marlnnleg e o Clúster Naval de Galicia, está a impulsar estudos cos que abordar este cambio no desenvolvemento da actividade pesqueira do futuro

25/09/2024 | 18:10 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García insta ao Goberno central a que elabore un protocolo de actuación común para os centros de crise 24 horas

Lamentou que en ningún momento se contara coas Comunidades Autónomas para poñer en marcha estes recursos e que non se achegaran fondos para o seu mantemento

25/09/2024 | 16:10 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez insta a sumar esforzos e traballar xuntos para reducir a factura do lixo dos concellos ante as medidas unilaterais do Goberno central

Subliña que a Xunta segue apostando pola cooperación cos municipios na xestión dos seus residuos e lamenta que a oposición “prefira estar ao carón de Sánchez”

25/09/2024 | 15:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta promove o espírito emprendedor a través da convocatoria do plan Eduemprende, que estará aberta ata o 10 de outubro

A directora xeral de FP reúnese cos coordinadores de emprendemento da Rede de centros integrados de FP para intensificar a colaboración entre eles

25/09/2024 | 15:31 | C. do Mar

Cetmar presenta un estudo sobre a evolución dos informes Sofia da FAO respecto ao estado mundial da pesca e a acuicultura

O informe elaborado polo Centro Tecnolóxico do Mar para a Asociación Española de Maioristas, Importadores, Exportadores e Transformadores de Produtos da Pesca e  Acuicultura-Conxemar inclúe recomendacións para o sector galego e nacional