Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 16.701 novas:

25/09/2024 | 19:03 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta deu resposta a preto de 2.900 consultas informativas de mozos e mozas a través dos centros Quérote+ no primeiro semestre de 2024

Con motivo do inicio do curso, o equipo técnico de Quérote+ desenvolve accións formativas nas universidades galegas, nas que xa participaron máis de 4.500 estudantes

25/09/2024 | 18:53 | C. do Mar

A Consellería do Mar acorda co sector a apertura da campaña do libre marisqueo na ría de Arousa o vindeiro 1 de outubro

Destaca a mellora do stock de ameixa babosa no banco de Bohído respecto ao 2023 e prevese unha primeira avaliación do mantemento da actividade extractiva aos 15 días do seu comezo, segundo as capturas rexistradas

25/09/2024 | 18:50 | C. de Sanidade
25/09/2024 | 18:48 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta reúnese con empresarios do ocio nocturno de Ferrol para a súa adhesión ao protocolo contra violencias sexuais e Lgbtifóbicas

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e a delegada territorial da Xunta en Ferrol reuníronse con responsables do sector 

25/09/2024 | 18:46 | C. de Economía e Industria

A Xunta reclama ao Estado máis fondos para o PERTE Aeroespacial e destaca o papel crucial deste sector para o fortalecemento industrial de Galicia

A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, participou hoxe na V reunión da Alianza polo Perte Aeroespacial onde tamén demandou un maior apoio do Goberno central á Civil UAVs Initiative

25/09/2024 | 18:39 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade avanza que o Servizo Galego de Saúde reterá o 84% dos médicos de familia que rematan a súa formación especializada

Un total de 101 médicos residentes da especialidade de medicina familiar e comunitaria quedarán na sanidade pública galega, 22 máis que o pasado ano 

25/09/2024 | 18:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta avanza co encontro ‘Ultreia’ da provincia de Pontevedra no impulso do emprendemento mediante a suma de sinerxías e solucións conxuntas a novos retos

Á espera do último encontro provincial que terá lugar mañá en Lugo, José González felicitou ás empresas emerxentes pontevedresas que foron escollidas para sondar financiamento no Foro de investimento final que terá lugar a nivel galego

25/09/2024 | 18:22 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta incide no compromiso coa remuda xeracional para garantir a continuidade dos comercios e negocios que xeran riqueza e emprego

José González puxo en valor esta iniciativa pioneira, dotada con 1,5 millóns de euros e cuxo prazo permanece aberto ata o 30 de outubro, aínda con crédito dispoñible

25/09/2024 | 18:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta volve reclamar ao Goberno o cumprimento do compromiso de ampliar as bonificacións nas autoestradas estatais AP-9 e AP-53

María M. Allegue avanzou que asistirá o 16 de outubro ao Pleno do Congreso para escoitar ao ministro de Transportes, Óscar Puente, á espera de que “aclare a súa posición respecto da AP-9 e da ampliación das bonificacións”