Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 16.665 novas:

25/09/2024 | 12:48 | C. de Sanidade

A Xunta e os Colexios Oficiais de Farmacéuticos amplían a colaboración para a prestación farmacéutica extrahospitalaria

O convenio, que se prorroga por un período de 18 meses, establece as actuacións nas que os pacientes reciben os medicamentos e os produtos sanitarios de forma axeitada ás súas necesidades

25/09/2024 | 12:37 | C. de Economía e Industria

Xunta e tecido empresarial destacan a importancia de apoiar o desenvolvemento industrial da comarca de As Pontes

O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, reuniuse con representantes da Asociación de empresarios Seara e de Cohempo, Asociación de comerciantes, hostaleiros e empresarios ponteses

25/09/2024 | 12:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta presenta en Valladolid a Plataforma Galega de Mobilidade 4.0 coa que se pretende acadar un transporte dixital e sostible

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, impartiu hoxe unha conferencia sobre esta ferramenta nunha xornada sobre Sistemas Intelixentes (ITS) organizada polo Foro de Novas Tecnoloxías do Transporte

25/09/2024 | 12:30 | C. de Facenda e Administración Pública

Máis de 400 persoas participaron nos obradoiros itinerantes do Enredando Tour organizados pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e Cruz Vermella

O director da Amtega participou hoxe na xornada final en Betanzos onde destacou o crecemento do uso de internet entre as persoas maiores de 65 anos, que rolda o 70%

25/09/2024 | 12:14 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos enxalza as novas iniciativas da Xunta de cara á unha cultura “descentralizada e inclusiva”

O titular de Cultura do Goberno galego pon como exemplo a futura Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia, que erixe como “fito” e “pioneira en Europa”

25/09/2024 | 12:00 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; A Presidencia da Xunta

Belén do Campo dá o pistoletazo de saída á terceira edición do Festival Galicia Ilusiona o 3 e 4 de outubro no Teatro Colón

A delegada da Xunta destacou que estamos un festival de ilusionismo que se converteu nun referente dentro do mundo da maxia a nivel nacional e internacional

25/09/2024 | 11:47 | C. do Mar

Villares defende unha transición enerxética gradual e realista para o sector que garanta a súa competitividade e respectando o medio ambiente

Adianta que a consellería, en colaboración coa UDC, a Fundación Marlnnleg e o Clúster Naval de Galicia, está a impulsar estudos cos que abordar este cambio no desenvolvemento da actividade pesqueira do futuro

25/09/2024 | 11:27 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta reúnese con empresarios do lecer nocturno de Lugo para a súa adhesión ao protocolo contra violencias sexuais e LGBTIfóbicas

O director xeral de Loita contra Violencia de Xénero e o delegado territorial da Xunta en Lugo reuníronse con responsables do sector

25/09/2024 | 11:19 | C. de Sanidade

A Xunta licita por 2,3 M€ o contrato para reforzar os espazos de datos sanitarios e mellorar a información que se achegará ao profesional do ámbito da saúde

As empresas interesadas neste contrato de servizo teñen de prazo ata o día 9 de outubro para presentar as súas ofertas

25/09/2024 | 11:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 12 ofertas para executar as obras para a humanización da travesía de Palmeira, no concello de Ribeira

Esta intervención no treito urbano de algo máis de 1 quilómetro da AC-305 parte dunha proposta da fundación RIA e suporá un investimento de preto de 2,8M€