Actualidade
Buscador de novas
Villares reclama ao Goberno central maior implicación na promoción dos produtos pesqueiros para reforzar as campañas da Xunta e do sector
O responsable autonómico puxo en valor o traballo do Goberno galego na mellora da comercialización do peixe, marisco e conservas e situou estes produtos como esencias para acadar a necesaria soberanía alimentaria de Europa
A Xunta convoca a IV edición do concurso ‘Ciberseguridade no Cole!’ e obradoiros para concienciar a escolares sobre o uso seguro das redes
Alumnado de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º da ESO deberán demostrar no concurso os seus coñecementos sobre seguridade no uso das tecnoloxías da información
A Xunta pon en marcha o luns a nova campaña de vacinación coa novidade da aplicación en nenos e nenas da intranasal fronte á gripe
O Goberno galego fixa como obxectivos desta campaña incrementar as taxas de vacinación fronte á gripe en persoal sanitario, nenos e embarazadas
O CGAC reúne as obras de Mayte Vieta na súa nova exposición ‘O Son do Mar’
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presenta a mostra que se inaugurará esta tarde e poderá verse ata o 19 de xaneiro
A Xunta traballa nun marco normativo para que Santiago xestione e implante a súa taxa turística
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, avanzou esta medida hoxe á alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, no encontro mantido en Santiago onde indicou que a partir do 1 de xaneiro terá a habilitación legal necesaria para aplicar a taxa
A Xunta avanza en colaboración con APE Galicia no proxecto piloto para adaptar o comercio local ás tendencias de consumo co apoio da dixitalización
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu esta semana á formación realizada no Barco de Valdeorras no marco do programa Adapta local
A Xunta pon en marcha servizos especiais de autobús con motivo da romaría da Saínza
Haberá dúas frecuencias en cada sentido polas noites entre Xinzo de Limia e A Saínza cunha duración duns 15 minutos
Máis dun milleiro de persoas participan mañá na proba de coñecementos do proceso selectivo para cubrir 84 prazas de Policía Local en 32 concellos
Os aspirantes realizarán este primeiro exercicio da oposición no recinto feiral de Silleda e, a continuación, as persoas non exentas someteranse ao segundo exercicio correspondente á proba de lingua galega
Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 20.30 h. de hoxe
Controlado un incendio forestal rexistrado hoxe no concello da Mezquita, parroquia homónima, que afecta unha superficie estimada de en torno a 40 hectáreas
As conselleiras Angeles Vázquez e María Martínez Allegue asisten na Coruña ao encontro anual da asociación APECCO
A responsable de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, puxo en valor ante o sector a colaboración público-privada “para achegar respostas ás necesidades da sociedade”