Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 16.531 novas:

20/09/2024 | 18:11 | C. de Sanidade

A Xunta formaliza o contrato para a redacción do proxecto da nova área de Cirurxía Maxilofacial do Hospital Meixoeiro

O Executivo galego inviste máis de 89.500 euros na redacción do proxecto desta nova unidade que optimizará as instalacións do hospital vigués

20/09/2024 | 18:01 | C. do Mar

A Xunta apoia a celebración da iniciativa Marexía no que se exalta o crecemento azul sostible e os produtos do mar locais

O titular de Mar destaca que esta iniciativa afonda nos principios da Estratexia Galega da Economía Azul ao considerar a sustentabilidade procedente do mar como fonte xeradora de riqueza a través da preservación dos ecosistemas mariños

20/09/2024 | 17:50 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca o papel de CEAPI na internacionalización do tecido empresarial galego

A conselleira subliñou que un dos obxectivos da Xunta é o de impulsar a internacionalización da economía de Galicia, e que as pemes e autónomos teñan acceso a novas cales e destinos de comercialización

20/09/2024 | 17:45 | C. de Sanidade

A Xunta impulsa a transformación dixital do sistema sanitario a través dun uso dos datos ético, seguro e accesible para a investigación

A secretaria xeral técnica apunta ás novas tecnoloxías e á intelixencia artificial como ferramentas clave para resolver os novos retos da saúde, derivados do incremento da demanda da atención sanitaria, o envellecemento e o aumento da cronicidade

20/09/2024 | 17:28 | C. do Medio Rural

A Xunta e os sindicatos UUAA e Asaga ultiman o acordo para a concesión de axudas ás explotacións afectadas pola enfermidade hemorráxica epizoótica

A liña de axudas prevista, que complementará as indemnizacións por morte que xa se viñan pagando, contempla tamén os custos veterinarios e de desinsectación no gando e nas instalacións, tal e como xa adiantara a conselleira do Medio Rural 

20/09/2024 | 17:16 | C. de Sanidade

A Xunta reforza o Rexistro galego de tumores con intelixencia artificial para afondar no coñecemento da incidencia do cancro en Galicia

Gómez Caamaño salienta o potencial das novas tecnoloxías para optimizar o diagnóstico, o seguimento e os tratamentos de cada un dos diferentes procesos oncolóxicos, así como a súa vixilancia

20/09/2024 | 17:02 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública; C. do Mar; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda reclama a Pedro Sánchez avances nas infraestruturas de transporte, financiamento para proxectos industriais e traspaso de competencias

Reclama que se convoque canto antes a Comisión Mixta de Transferencias para que o Estado traspase o persoal e medios materiais necesarios para a xestión do litoral

20/09/2024 | 16:52 | C. de Sanidade

A Xunta aposta polo papel da enfermería ante os retos da lonxevidade e cronicidade da poboación galega

 O Servizo Galego de Saúde incluíu na súa estrutura orgánica a Unidade de procesos de enfermería coa que impulsar a docencia, a investigación clínica e o papel xestor desta especialidade