Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 12.767 novas:

10/05/2024 | 19:30 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca as posibilidades que ofrece o rural para o desenvolvemento dunha industria verde e sustentable

Subliña que industria e medio rural son perfectamente compatibles e, máis que nunca, complementarios, porque a industria que se basea en fontes renovables ten que asentarse alí onde está a materia prima

10/05/2024 | 19:27 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta asiste ao inicio das obras da nova residencia e centro de día municipal de Carballedo, en Cerdedo-Cotobade

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, acudiu ao acto acompañado do delegado territorial do Goberno galego en Pontevedra, Agustín Reguera

10/05/2024 | 19:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor o traballo dos colexios profesionais e a súa contribución a unha Galicia máis próspera

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou esta tarde na entrega dos premios anuais da Unión Profesional de Galicia, que recoñecen o labor dunha vintena de persoas colexiadas de distintos sectores

10/05/2024 | 19:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o novo taller de xastrería de Fernando Freire como exemplo de emprendemento artesán e transmisión dun oficio tradicional

O director xeral de Comercio e Consumo, acompañado da xerente da Fundación Artesanía de Galicia, destacou o papel da artesanía como xerador de emprego e dinamizador do comercio durante a inauguración deste obradoiro en Santiago

10/05/2024 | 18:38 | C. do Medio Rural

A Xunta salienta a súa aposta pola recuperación do territorio para dinamizar o rural no encontro de Sober

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, participou esta mañá neste evento, un foro económico centrado no rural galego que comezou onte e que rematará hoxe nesta localidade lucense

10/05/2024 | 18:29 | C. do Mar

Alfonso Villares cualifica de “falta de respecto” a negativa do Estado a declarar como zona catastrófica os bancos marisqueiros das rías galegas

O titular de Mar amosa a súa sorpresa pola resposta e denuncia co Executivo estatal responda máis de 5 meses despois a través dunha nota de prensa sinalando que nin tramitaron a solicitude realizada polo Goberno autonómico

10/05/2024 | 18:24 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta referenda o seu compromiso coa dinamización do comercio local coa súa participación na décima edición da Noite Branca en Lalín

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén,  participou hoxe na inauguración da iniciativa promovida pola Asociación de Empresari@s de Deza e o Centro Comercial Aberto de Lalín