Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 16.600 novas:

23/09/2024 | 15:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Luz verde á construción da nova facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela, co apoio económico da Xunta

Rueda informa que o Goberno galego “inxectará 12M€ ata 2026” para a construción deste centro a través do Plan de infraestruturas

23/09/2024 | 15:43 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Rueda destaca que preto de 20.000 estudantes universitarios e de Ensinanzas Artísticas Superiores vanse beneficiar da matrícula gratuíta da Xunta para os seus estudos

Asegura que xa son máis de 10.300 os beneficiarios e a cifra vaise incrementar unha vez que peche o derradeiro prazo de matrícula e o Ministerio resolva as súas bolsas 

23/09/2024 | 15:22 | Axencia de Turismo de Galicia

Reguera visita un dos 15 establecementos da provincia adheridos á campaña ‘Outono Gastronómico en Turismo Rural’ e destaca o gran labor de desestacionalización da iniciativa

A iniciativa conta con varias modalidades que van dende as experiencias gastronómicas hasta a hospedaxe, pasando por actividades ao ar libre e de aventura

23/09/2024 | 15:18 | A Presidencia da Xunta; C. de Facenda e Administración Pública

Rueda salienta que a Conta Xeral ratifica que en 2023 Galicia cumpriu un ano máis cos obxectivos de déficit e débeda fixados no seu orzamento

Destaca os bos datos que rexistran as contas da Administración autonómica “sen que se resinta o esforzo inversor”

23/09/2024 | 15:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación en varios tramos do río Grande de Xubia nos concellos de Moeche, San Sadurniño, Narón e Neda, que suman máis de 14 km

As tarefas que está a realizar Augas de Galicia consisten na retirada de árbores caídas e biomasa para evitar atoamentos

23/09/2024 | 15:01 | C. de Economía e Industria; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta impulsará o polígono industrial de Anxeriz en Tordoia cun investimento de 560.000€ para reforzar a súa rede eléctrica

Estas axudas van dirixidas a  establecer medidas de reforzo e extensión nos parques que precisan un abastecemento de enerxía eléctrica 

23/09/2024 | 14:35 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta apoia o Ourense Film Festival nunha 29ª edición que reforza a aposta polo audiovisual galego

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude colabora coa Fundación Carlos Velo na organización do que é o certame internacional de cine de carácter competitivo máis lonxevo da nosa Comunidade

23/09/2024 | 14:22 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta impulsa as rutas guiadas no outono polos concellos da Mariña para desestacionalizar o turismo

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación do programa, que propón percorridos e actividades polos 16 concellos da comarca en outubro e novembro

23/09/2024 | 14:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza as conexións entre O Barco de Valdeorras, Ourense e A Pobra de Trives

O delegado territorial anunciou que se incrementa a oferta vixente entre o Barco de Valdeorras con Ourense con dous novos servizos, tanto de ida como de volta; e dende o Barco de Valdeorras coa Pobra de Trives con outras dúas expedicións, tamén de ida e de volta

23/09/2024 | 13:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por preto de 270.000 euros a reforma e mellora de rúa en Fumaces, no concello de Riós

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle esta licitación, establecendo un prazo de presentación de ofertas que finaliza o 22 de outubro