Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 14.083 novas:

20/06/2024 | 17:27 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa presenta o campionato de España sub18 no que se xuntarán medio milleiro de atletas para estrear a renovación dá pista do CGTD

O secretario xeral aplaude os resultados da delegación galega nos Europeos de Roma e apunta que Galicia aspira a ter sete atletas nos Xogos de París sendo “o mellor espello no que se miran os nosos mozos e mozas”

20/06/2024 | 17:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa destaca o Rallye Recalvi Rías Baixas como o máis lonxevo de Galicia que este ano volve ocupar o lugar que lle corresponde: "a elite nacional"

O Rallye Rías Baixas terá lugar os días 4, 5 e 6 de xullo e viaxará por numerosos concellos da provincia de Pontevedra

20/06/2024 | 16:41 | C. do Mar

A Xunta lanza a web de Redemar para achegar a súa actividade e o coñecemento adquirido ao sector pesqueiro e ao gran público

O portal, que se desenvolveu en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, amosa o traballo desta rede de colaboración entre os profesionais e os organismos científicos galegos

20/06/2024 | 16:39 | C. de Economía e Industria

A Xunta reitera ao Goberno que prorrogue a entrada en vigor ou amplíe os prazos da nova normativa de ascensores para poder cumprir as exixencias establecidas

O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético participou hoxe nunha xornada convocada pola Asociación Empresarial Galega de Ascensores (Aega) para abordar os detalles da nova Instrución Técnica Complementaria de ascensores aprobada polo Goberno do Estado e que entrará en vigor o vindeiro 1 de xullo

20/06/2024 | 16:32 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta aposta por aproveitar a nova Lei do ciclo integral da auga para impulsar a profesionalización do sector e da xestión dos recursos hídricos

Roi Fernández defende incorporar á xestión da auga unha visión global que inclúa todas as fases do ciclo e os seus usos e implique ao conxunto dos axentes implicados

20/06/2024 | 16:24 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca os apoios da Xunta para a instalación de equipamentos enerxéticos eficientes en empresas e vivendas

Apunta que neste momento están en proceso de resolución as dúas liñas convocadas este ano para particulares (3,5M€): para a instalación de equipamentos de xeotermia, aerotermia e solar térmica, e para placas de enerxía fotovoltaica

20/06/2024 | 16:09 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
20/06/2024 | 15:56 | C. do Medio Rural

Medio Rural aposta pola formación e a remuda xeracional no agro coa oferta de máis prazas e novos ciclos de FP dual nos seus centros específicos

A Consellería seguirá promovendo axudas de incorporación ao campo e iniciativas novas como o Banco de Explotacións ou o Plan de formación, asesoramento e titorización recentemente anunciado

20/06/2024 | 15:47 | C. de Economía e Industria

Lorenzana aposta pola axilización e a desburocratización como base da política empresarial da Xunta

A conselleira de Economía e Industria visitou hoxe o concello de Ordes para coñecer de primeira man as súas necesidades de solo industrial

20/06/2024 | 15:37 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Xunta e Concello de Ames avanzan na planificación do novo colexio de Milladoiro, cuxa obra está previsto licitar en xullo

Román Rodríguez e Blas García manteñen unha xuntanza de traballo para coordinar as actuacións que a Xunta de Galicia realizará no Concello de Ames