Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.604 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

19/09/2024 | 20:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

As conselleiras Angeles Vázquez e María Martínez Allegue asisten na Coruña ao encontro anual da asociación APECCO

A responsable de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, puxo en valor ante o sector a colaboración público-privada “para achegar respostas ás necesidades da sociedade”

19/09/2024 | 14:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remite ao concello de Vigo o informe favorable do plan xeral de ordenación municipal

María M. Allegue subliñou que o Concello debe proceder á aprobación en Pleno deste instrumento que dotará de seguridade xurídica o desenvolvemento urbanístico da cidade

19/09/2024 | 12:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa as obras de renovación e instalación de iluminación na senda peonil da estrada PO-549, que comunica Vilanova e Vilagarcía de Arousa

Esta intervención, cun orzamento superior aos 260.000€, permite actuar no itinerario peonil xa executado nesta vía autonómica en Corón cun investimento de 1,1 M€

19/09/2024 | 12:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora do firme na estrada PO-905, no treito de Vila de Cruces a Portodemouros

Esta actuación forma parte dun contrato máis amplo, que inclúe tamén o acondicionamento da estrada PO-206, cun investimento de máis de 2,6M€

19/09/2024 | 12:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras de urbanización da rúa na Vila e a praza de San Antonio en Puxedo, no concello de Lobios, que suporán un investimento de preto de 148.000€

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle esta licitación, establecendo un prazo de presentación de ofertas que finaliza o 15 de outubro

18/09/2024 | 14:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Xunta e Concello de Boimorto colaboran na humanización da rúa da Sobreira e da Gándara, no lugar de Vilanova, cun investimento de 285.000 €

Trátase de habilitar beirarrúas en ambas marxes da rúa Sobreira, previa ampliación do viario existente; e executar 42 metros lineais de beirarrúa de 1,80 m de ancho na Gándara

18/09/2024 | 12:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inviste un millón de euros nas obras que completarán a mellora da estrada PO-234 entre Cerdedo-Cotobade e Ponte Caldelas

Allegue destaca que esta mellora se enmarca na aposta da Xunta por unhas infraestruturas eficientes e seguras e permitirá mellorar, ao igual que nos dous treitos anteriores xa executados, a comodidade e seguridade dos usuarios na circulación nesta estrada

17/09/2024 | 14:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta xa ten en marcha as 144 vivendas de promoción pública inicialmente previstas no barrio coruñés de Xuxán

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, avanzou que, ademais do edificio adxudicado hoxe, a vindeira semana se licitará a construción dun novo inmoble, con outras 14 vivendas

17/09/2024 | 12:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o concello de Outes asinan o convenio de colaboración para executar a conexión do paseo fluvial co centro urbano na Serra de Outes

A intervención suporá un investimento de case 94.000€, dos que a Xunta asumirá o 70% do custo e executará as obras; e o Concello aportará o orzamento restante

16/09/2024 | 17:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta iniciará mañá traballos de renovación da capa de rodaxe na A-55 en Tui, que farán necesarios desvíos de tráfico

Os traballos levaranse a cabo mañá e o mércores, entre as 8 e as 18 horas, e o tráfico desviarase polos ramais da conexión da autovía Tui-A Guarda entre os enlaces coa A-55 e de Areas, construída recentemente