Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.543 novas da área temática Infraestruturas:

24/09/2024 | 14:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta lanza unha nova convocatoria de axudas para as Áreas de Rehabilitación dos Camiños de Santiago e a Ribeira Sacra cun investimento de máis de 1,2 M€

M. Allegue subliña a importancia destas axudas de rehabilitación e renovación de vivendas para “seguir a construír fogares e para poñer en valor as contornas e vilas polas dos itinerarios dos Camiños de Santiago”

23/09/2024 | 13:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por preto de 270.000 euros a reforma e mellora de rúa en Fumaces, no concello de Riós

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle esta licitación, establecendo un prazo de presentación de ofertas que finaliza o 22 de outubro

23/09/2024 | 13:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por case 96.000€ as obras de humanización da praza de Picoutiños en Nogueiró, no concello de Cartelle

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas asume o 70% do orzamento e o Concello achega o 30% restante, sumando un orzamento global de 110.000€

23/09/2024 | 13:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras de humanización de varias prazas de Coristanco, ao abeiro do Plan Hurbe

A actuación permitirá humanizar as prazas de San Antonio e do Cruceiro, na parroquia de San Lourenzo da Agualada, e a rúa e a praza de San Roque, na parroquia de Santa María de Traba

23/09/2024 | 13:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta continuará mañá a renovación do firme na autovía do Barbanza, que fará necesarios cortes de carrís

Estas tarefas, que se desenvolverán os vindeiros días entre as 8 e as 18 horas, teñen como obxectivo garantir a conservación desta estrada e a seguridade viaria

22/09/2024 | 10:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia unha nova fase nas obras de remodelación do paseo do Barbaña en Ourense para habilitar un carril bici nun treito da senda entre Os Remedios e Expourense

Trátase de continuar os traballos na contorna da rúa Avilés de Taramancos, executando un tramo de 250 metros de carril bici, que se acoutará durante unhas semanas ao paso peonil, de modo que haxa espazo para a maquinaria

21/09/2024 | 14:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras de mellora do firme na estrada AC-552 farán necesario o corte do tráfico na noite do domingo ao luns na intersección desta vía coa AC-432, en Vimianzo

Os traballos de rehabilitación do firme neste tramo da vía autonómica levaranse a cabo entre as 22.00 horas do día 22 e as 8.00 horas do día 23

20/09/2024 | 17:02 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública; C. do Mar; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda reclama a Pedro Sánchez avances nas infraestruturas de transporte, financiamento para proxectos industriais e traspaso de competencias

Reclama que se convoque canto antes a Comisión Mixta de Transferencias para que o Estado traspase o persoal e medios materiais necesarios para a xestión do litoral

20/09/2024 | 14:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inviste preto dun millón de euros no novo itinerario peonil no trazado antigo da PO-400 en Arbo

María M. Allegue subliñou que a nova senda garante os desprazamentos cómodos e seguros da veciñanza desta área

19/09/2024 | 20:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

As conselleiras Angeles Vázquez e María Martínez Allegue asisten na Coruña ao encontro anual da asociación APECCO

A responsable de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, puxo en valor ante o sector a colaboración público-privada “para achegar respostas ás necesidades da sociedade”