Actualidade

Buscador de novas
Buscar anteriores 6 meses
Filtrar por área temática:
Filtrar por departamento:
Filtrar por data:
Ten dispoñibles para consulta 4.924 novas:
07/06/23 | 12:35  | C. do Medio Rural

A Xunta comeza coa inspección do estado da xestión de biomasa nas faixas secundarias preto das casas, que se verá complementada este ano co labor das brigadas municipais

José González salientou que este ano haberá preto de mil persoas sobre o terreo en toda Galicia -entre técnicos da Xunta e membros das brigadas municipais- comprobando o estado da biomasa nas faixas preto das vivendas

07/06/23 | 12:23  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Galicia rexistrou unha primavera meteorolóxica moi cálida e seca

Ángeles Vázquez pon en valor o radar meteorolóxico de Cuntis como unha das principais ferramentas para a realización das predicións de MeteoGalicia

07/06/23 | 12:08  | C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

A Xunta promove proxectos para fomentar o uso do galego en 858 centros cunha achega de 350.000 €

Tal e como se recolle na resolución do Diario Oficial de Galicia, 336 centros son na provincia da Coruña, 114 en Lugo, 80 en Ourense e 328 en Pontevedra

07/06/23 | 11:57  | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación

A Xunta impulsará a competitividade dos parques empresariais de 33 concellos galegos cun investimento de 2,5 M€

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución definitiva destas axudas que, tras a ampliación realizada, suma catro concellos máis -Cabana de Bergantiños, Palas de Rei, Agolada e O Pereiro de Aguiar-, completa ata os 120.000 euros os apoios concedidos ás Somozas e outorga unha segunda axuda a Noia

07/06/23 | 11:51  | A Presidencia da Xunta; C. de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación do X Festival Bal y Gay, que celebrará 13 concertos entre o 10 e o 24 de agosto

07/06/23 | 11:10  | Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación

A Xunta subliña en Lugo a aposta pola xestión responsable dos recursos naturais para impulsar cadeas de valor eficientes, innovadoras e colaborativas

O director do Igape, Fernando Guldrís, inaugurou a xornada do ciclo Capacita Directivos Galicia con valor engadido, onde subliñou o compromiso do Goberno galego coa “transformación dixital e sustentable” do tecido produtivo da Comunidade

07/06/23 | 11:00  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Xunta recibe 11 ofertas para executar a senda peonil na contorna do enlace da autovía do Salnés coa PO-504 entre O Vinquiño e Contumil, no concello de Sanxenxo

Trátase de habilitar un itinerario de 380 metros para unir ambas as marxes da autovía e resolver a barreira que supón para a mobilidade a alta densidade de tráfico que rexistra a zona

07/06/23 | 10:42  | Vicepresidencia segunda e C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta abre a convocatoria das axudas a proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global executados polas ONGD

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases para o financiamento de actividades relacionadas coa sensibilización, concienciación, formación e investigación sobre o desenvolvemento, así como a incidencia e a mobilización social co obxectivo de crear redes de solidariedade na comunidade

06/06/23 | 21:33  | A Presidencia da Xunta

Rueda enxalza os premios "Pontevedreses do ano" como mostra do compromiso e traballo diario das figuras públicas e entidades galegas

Subliña que todos os galardoados comparten méritos para ser recoñecidos no conxunto da comunidade

06/06/23 | 21:31  | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta presenta o proxecto “Alén do Solpor” na Casa de Galicia en Madrid

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na presentación xunto ao director da Casa de Galicia, Juan Serrano

Busca avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados
Ordenar
Número de resultados por páxina: