Actualidade
A Xunta reforza a súa colaboración co Museo da Construción Naval de Ferrol con 75.000 € para contribuír á súa conservación, promoción e difusión
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e a delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitaron as instalacións do centro
A Xunta impulsa o coidado do medio ambiente entre o alumnado galego a través do voluntariado
O CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal pon en marcha un proxecto para fomentar entre as nenas e nenos o respecto pola natureza, a reciclaxe e a recollida de lixo
A Xunta apoia a flexibilización horaria nas empresas a través da liña de axudas dirixida a pemes e autónomos, á que destina este ano 1,4 M€
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, visitou hoxe a firma téxtil viguesa Paz Rodríguez, que o ano pasado recibiu 11.000 euros da Xunta para implantar medidas de flexibilidade laboral
A Xunta abre a inscrición para os cursos de formación especializada que se impartirán no encontro Corazón da artesanía en Agolada
O mestre do coiro José Luis Bazán, Premio Nacional de Artesanía 2021; o obradoiro compostelán Noroeste Obradoiro, Premio Produto 2021; a cesteira Simone Simons, especializada no traballo co esparto; e os obradoiros Logaro e Zeltia ao aire impartirán os cursos para profesionais, estudantes e público interesado na artesanía
A Xunta e a CEL organizan en Ribadeo o próximo 1 de xuño unha xornada informativa sobre as axudas para o comercio
Enmárcanse nas actividades da oficina Conecta Lugo, instalada na localidade para asesorar a emprendedores e pemes da comarca da Mariña
A Xunta destaca que unha das finalidades da estratexia naval é aproveitar as oportunidades que se van xerar ao redor da innovación, a sustentabilidade e o talento
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, reuniuse esta mañá con representantes de Aclunaga e Asime en Vigo para avanzar na Estratexia naval 2022-2026
Sanidade detecta dous novos posibles casos da varíola do mono
Até o de agora, a Dirección Xeral de Saúde Pública enviou ao Instituto de Saúde Carlos III as mostras de tres posibles casos desta enfermidade en Galicia, todos eles sen confirmación definitiva
Ethel Vázquez avanza que a finais de ano comezarán as obras de saneamento do río Lameira de Marín, cun investimento de 3,3 M€ para mellorar a calidade das augas da ría de Pontevedra
Mellorarase a rede de saneamento na contorna do río, reducindo a entrada de augas brancas e regulando a derivación de caudal á depuradora en tempo de chuvia
A Xunta subliña que as novas axudas á rehabilitación enerxética en edificios e vivendas tamén se poden solicitar para segundas residencias
Ángeles Vázquez salienta que estas subvencións, cuxo prazo de solicitude se abriu hai unha semana, poden chegar a un máximo de 38.750 € e van dirixidas a actuar sobre envolventes e fachadas e cambiar equipos de calefacción e de auga quente
Román Rodríguez reclama que o Goberno central incremente os fondos europeos destinados ao galego
Advirte que só prevé dedicar a linguas cooficiais 30 millóns de euros dos 1.100 existentes no PERTE lingüístico, algo que resulta “insuficiente”