Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 13.992 novas:

18/06/2024 | 18:41 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural promove o emprego das tic na gandaría ecolóxica a través da aplicación Tractus

Balseiros mencionou a importancia da tecnoloxía para facilitar o traballo dos gandeiros e, ao mesmo tempo, mellorar a eficiencia das explotacións

18/06/2024 | 17:54 | C. de Economía e Industria

Lorenzana reúnese coa Federación Galega de Talleres para avaliar a mellora da competitividade dun sector en plena transformación

A conselleira de Economía e Industria avanzou o apoio do Goberno da Xunta a un negocio que aglutina a máis de 2.100 empresas e da traballo a 8.400 persoas en Galicia e que está a facer fronte aos novos retos que leva aparellados a descarbonización e a electrificación da automoción

18/06/2024 | 17:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

As novas liñas de autobús de Sanxenxo impulsadas polo concello para o verán co apoio da Xunta comezan a funcionar esta fin de semana

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, participou esta mañá no percorrido de proba do servizo lanzadeira, ao que se suman dous circulares

18/06/2024 | 16:45 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta contribúe á conservación das formacións de árbores do Pazo de Rubiáns incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático concedeu varias axudas para a protección e mellora dos exemplares presentes neste espazo por importe de máis de 11.500 euros e outras na área territorial que suman 22.000 euros

18/06/2024 | 16:18 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia traballa na sensibilización do conxunto da sociedade para afondar na redución do desperdicio alimentario en toda a cadea de valor

A Xunta impulsa medidas como un código de boas prácticas ou un plan de acción para concienciar a todos os actores que interveñen desde que se produce un alimento ata que chega ao consumidor final

18/06/2024 | 15:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste 115.000 € no proxecto de metaverso ‘Universo Uvigo’

O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, e o reitor, Manuel Reigosa, comproban o funcionamento do sistema, que afonda nas posibilidades do metaverso

18/06/2024 | 15:26 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta colabora coa fundación SGAE na celebración dun Día Europeo da Música con acento galego

Carolina Rubirosa, Gargantúa, De Vacas, Carlos Ares e o DJ set de Abraham Boba son as propostas escollidas para representar a diversidade musical do país na xornada festivaleira que terá lugar o vindeiro 21 de xuño

18/06/2024 | 15:25 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Lara Meneses destaca o Pasaporte Solidario como un programa que difunde o compromiso e a implicación social no alumnado

A directora Xeral de Xuventude, Lara Meneses, entrega os diplomas aos cativos do colexio Carmelitas de Ourense en recoñecemento polo seu traballo nesta iniciativa

18/06/2024 | 15:12 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Congreso Internacional Mundos Digitales volve situar Galicia no epicentro da animación e os efectos visuais co patrocinio da Xunta

Celébrase na Coruña do 4 ao 6 de xullo co foco posto nas aplicacións da Intelixencia Artificial e na chegada das producións virtuais en tempo real ao sector da radiodifusión