Actualidade
Buscador de novas
A Xunta informa de que mañá domingo non haberá zonas en alerta vermella ou laranxa por episodio de calor
Tan só haberá alerta amarela na zona de Valdeorras
A Xunta activa para esta tarde alerta laranxa por tormentas no centro e na zona de montaña da provincia de Lugo
Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal)
A Xunta destina a máis de medio cento de concellos galegos máis de 1 M€ das novas axudas para a adquisición de equipamento vinculado á prevención de incendios forestais
Resultaron beneficiarios desta convocatoria 23 concellos da provincia de Ourense aos que o Goberno galego destinou máis de 479.000 euros, 12 de Lugo que suman axudas por máis de 265.200 euros, nove na Coruña por máis de 170.600 euros e outros nove na provincia de Pontevedra por importe de 164.800 euros
A Xunta mantén a alerta por escaseza de auga nos sistemas do río Lérez e do río Anllóns e Costa da Coruña e conserva medidas equivalentes en Baiona
Os técnicos manteñen estes escenarios ante a persistencia de indicadores de escaseza en valores baixos
Gardacostas de Galicia decomisa 372 quilos de marisco e peixe e preto de 1.300 aparellos ilegais noutra semana de loita contra o furtivismo
O servizo, dependente da Consellería do Mar, tramitou 31 actas de presunta infracción e incautación entre o 17 e o 23 de agosto en operativos desenvolvidos por terra e por mar nas rías galegas
A Xunta convoca a segunda práctica do Plan anual de adestramento regulamentario para a seguridade no manexo das armas
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a programación desta actividade formativa destinada ao persoal dos corpos das policías locais
Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Padrenda, parroquia homónima
O lume quedou extinguido ás 00,16 horas de hoxe e finalmente afectou unha superficie de 27 hectáreas de monte raso
Controlado o incendio forestal do concello ourensán de Padrenda, parroquia homónima
O lume deuse por controlado ás 21,53 horas e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas
A Xunta publica a convocatoria do proceso selectivo para promoción interna e mobilidade na categoría de inspector de Policía Local
A oferta suma dez prazas correspondentes aos concellos de Ferrol, Santiago de Compostela, Teo, Vigo e Vilagarcía de Arousa