Actualidade
Buscador de novas
A Xunta activa para hoxe a alerta laranxa por temporal costeiro no oeste da Coruña
Suspéndese a actividade deportiva do programa Xogade e federada no mar nos concellos afectados
A Xunta comprobou a efectividade dos plans de emerxencias de Protección Civil cunha ducia de simulacros ao longo de 2025
O obxectivo dos exercicios desenvolvidos é facerlle fronte a unha hipotética situación de emerxencia e probar a eficacia das medidas deseñadas
A Central de Coordinación do 061 de Galicia reforza o seu persoal ante a previsión de incremento da demanda sanitaria no Nadal
O persoal facultativo e teleoperador aumentará durante as datas de maior actividade co obxectivo de axilizar as consultas sanitarias e optimizar a xestión dos recursos
A Xunta convoca a nova edición dos cursos para a habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas
O DOG publica hoxe a información e o calendario das 11 accións formativas previstas para 2026, que terán lugar na Academia Galega de Seguridade Pública
A Xunta colabora na adquisición dun vehículo eco para a policía local de Malpica de Bergantiños
A directora xeral de Administración Local visitou este municipio para comprobar as prestacións do coche adquirido ao abeiro das axudas do Fondo de Compensación Ambiental
Gardacostas incorporará dúas patrulleiras e 12 vehículos pick up para a vixilancia, inspección e loita contra o furtivisimo
Contribuirán a avanzar no proceso de modernización da frota, iniciada no 2018
A Unidade de Policía Nacional Adscrita identifica nove persoas e tramita 13 actas de infracción por furtivismo nas praias de Boiro
A actuación levouse a cabo no marco dun operativo de prevención levado a cabo o pasado en colaboración da Confraría de Pescadores de Cabo do Cruz, que se saldou ademais co comiso de máis de 31 quilos de ameixa e berberecho e diverso material
A Xunta activa para mañá a alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Pontevedra
Suspéndese a actividade deportiva do programa Xogade e federada no mar nos concellos afectados
Manuel Pardo louva o traballo altruísta dos voluntarios de Protección Civil a prol dos máis vulnerables
O delegado territorial fixo entrega dos alimentos non perecedoiros recollidos ata o momento a través do servizo provincial de Emerxencias da Xefatura Territorial Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, en colaboración con 37 agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) da provincia ourensá