Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 815 novas da área temática i+D+i:

28/04/2026 | 15:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta busca posicionar Galicia como territorio de innovación biotecnolóxica internacional

O Executivo autonómico apoia os Galicia Biodays, evento de referencia no ámbito europeo, que reunirá en Vigo a máis de 1000 persoas os días 6 e 7 de maio

26/04/2026 | 16:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A futura Lei de ciencia e innovación marcará como un dos seus obxectivos achegar á I+G+i á cidadanía

O conselleiro participa na entrega de premios do festival científico de rúa CinVigo, organizado polo CINBIO da Universidade de Vigo e apoiado pola Xunta

24/04/2026 | 13:06 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño subliña que o hospital de día oncohematolóxico de Cee funciona xa con consultas e tratamentos co fin de evitar desprazamentos aos pacientes de cancro da Costa da Morte

O titular de Sanidade incide na repercusión positiva que está a ter este dispositivo asistencial, no que, ata o momento, xa se realizaron 185 consultas no hospital de día

23/04/2026 | 16:57 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Xunta e CDTI informan sobre as súas liñas de apoio á investigación e innovación en Galicia durante 2026

Trátase de convocatorias abertas ou próximas a facelo como Neotec, infraestruturas de ensaio e experimentación, Misións Ciencia e Innovación Ciencia-Empresa e proxectos colaborativos en biotecnoloxía e tecnoloxías profundas e Vinnovate Galicia

23/04/2026 | 15:48 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta consolida a posición de Galicia como referente do Estado en ciberseguridade aplicada ao transporte

A creación, no marco dun RETECH interrexional, de seis laboratorios e centros demostradores, os programas de formación en FP, a actividade do nodo CIBER.gal ou a creación do centro de ciberseguridade de Ourense reflicten esta especialización

21/04/2026 | 13:45 | C. de Economía e Industria

A Xunta e a CEL convocan en Ribadeo unha xornada sobre os retos da industria e a innovación en Galicia e Asturias

O delegado territorial, Javier Arias, participou hoxe na presentación do novo foro do programa ‘Conecta Lugo’, que terá lugar no centro de formación Pedro Murias o día 30 de abril

20/04/2026 | 18:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O IES Aquis Celenis de Caldas de Reis gaña a fase galega do certame CanSat da Axencia Espacial Europea

Un total de 24 centros de toda Galicia participan na xornada de lanzamento dos satélites do alumnado en Cerceda, na que se entregaron nove premios

19/04/2026 | 11:03 | C. de Facenda e Administración Pública

Preto do 87 % das empresas tecnolóxicas galegas Emprega Software Libre

Lugo e Ourense lideran a implantación de software libre no sector TIC, superando o 95 % das empresas

16/04/2026 | 17:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inxectará 2 M€ á Universidade de Vigo para impulsar medidas de avance do Campus Crea de Pontevedra

Crearase un centro de investigación e darase prioridade á contratación de 10 pre e posdoutorais e tres de alto nivel, como os Ramón e Cajal

16/04/2026 | 16:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reúne a científicos de prestixio no consello asesor de I+G+i para reforzar o avance neste campo

Román Rodríguez preside a constitución deste órgano, que asesorará ao executivo para atender os retos en I+G+i e situar a Galicia como referente no ámbito científico