Actualidade
Buscador de novas
A Xunta dá luz verde ambiental a un proxecto para a valorización de vidro e embalaxes no concello de Lalín
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada
A Xunta destina 6,2 M€ aos Centros Tecnolóxicos galegos para apoiar a súa actividade e impulsar a transferencia de coñecemento ao tecido produtivo
O obxectivo desta convocatoria é potenciar as liñas estratéxicas de investigación destas entidades para achegalas ao mercado
Lorenzana anuncia un investimento de 2,5 M€ en 2026 para seguir promovendo a madeira na construción
Precisa que a iniciativa, con axudas de entre 15.000 e 120.000 euros, permitiu impulsar na pasada convocatoria un total de 244 obras en 174 concellos
Medio Rural destinará 8 M€ no 2026 a reforzar a sanidade forestal, máis do dobre que este ano
A titular da Consellería explicou que o obxectivo deste esforzo orzamentario en tratamentos fitosanitarios é garantir o bo estado de saúde das especies e a resiliencia do monte
A Xunta salienta o papel da innovación e do talento creativo como motor da transformación industrial de Galicia
A directora do Igape, Covadonga Toca, participou hoxe na Xornada de Innovación en Industria celebrada na Casa das Máquinas de Santiago, no marco da XI edición da Maker Faire Galicia
Lorenzana solicita unha nova reunión da comisión de seguimento de Alcoa e pide que se celebre en Galicia
Xustifica esta proposta pola importancia estratéxica que ten esta empresa, o número de postos de traballo que dependen dela e a necesidade de que o Goberno central manifeste o seu apoio á industria de Galicia e, en particular, a Alcoa
A Xunta pón en valor o labor investigador do CIF de Lourizán na mellora da sáude das masas forestais de Galicia
O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández, inaugurou esta mañá unha xornada técnico-científica sobre a xestión integrada de enfermidades e pragas nas coníferas, no marco do programa de actividades de Piñeiros 2025
A Xunta destaca o potencial do sector biotecnolóxico galego como motor de transformación e innovación
A directora do Igape, Covadonga Toca, participou hoxe en Vigo na clausura da XI edición dos BioInvestor Days, organizada por Bioga e o EDIH DATAlife en colaboración co Consorcio da Zona Franca no marco do proxecto europeo IBEROBIO