Actualidade
Buscador de novas
Galicia reforza a súa seguridade alimentaria cun acordo entre as consellerías de Sanidade e do Mar para controlar o peixe das piscifactorías
O titular de Sanidade pon en valor os controis de calidade que a Xunta realiza na cadea alimentaria e destaca a posición de referencia do Laboratorio de Saúde Pública de Galicia, que se encargará de realizar as analíticas
A Xunta completa a instalación das válvulas provisionais da presa de Eiras e prevé colocar as definitivas a finais do verán tras investir 2,3 M€
Ángeles Vázquez lembra que Augas de Galicia decidiu a finais do ano pasado executar estas obras de emerxencia necesarias para garantir o abastecemento a Vigo, Cangas, Moaña, Redondela, Soutomaior, O Porriño, Mos, Salceda de Caselas e Vilaboa, que suman máis de 400.000 habitantes
Belén do Campo destaca que a Xunta reserva 19 M€ ata o 2028 para apoiar ás empresas de transformación e comercialización de produtos agrarios
As achegas contan con dúas liñas subvencionables dirixidas a investimentos con obxectivos ambientais e para aumentar o valor das producións agrarias
A Xunta financia con 1 M€ o Plan de Sostibilidade Turística de Santiago de Compostela que permite fortalecer a oferta da cidade e atraer visitantes
Xosé Merelles destacou un conxunto de iniciativas impulsadas polo Goberno galego que buscan mellorar a experiencia do turista e xerar oportunidades para o tecido local
Belén do Campo preside a comisión territorial de coordinación cos directores territoriais para informar das medidas sobre o absentismo laboral e o concurso de traslados
Nesta liña, explicou que a Xunta avanzará na elaboración dun plan integral para reducir o impacto do absentismo en Galicia, dentro das súas competencias, co obxectivo de mellorar o funcionamento do sistema e garantir a protección dos dereitos tanto das empresas como das persoas traballadoras
Arias agradece aos impulsores da gala ‘Diez Raz10nes’ a colaboración co proxecto do Hula para crear un parque infantil en Pediatría
O delegado territorial confirmou o apoio da Xunta a este evento solidario, que se celebrará o 15 de maio no Círculo das Artes e recadará fondos para a iniciativa do hospital e para a proposta de Alume Saúde Mental