Actualidade
Buscador de novas
A Xunta concede 7,6 M€ en axudas destinadas á execución de auditorías e obras para mellorar as redes de saneamento e de abastecemento municipais
A contía máis importante, 4,11 M€, destinarase a reparar fugas e perdas de auga e outros 2,16 M€ cubrirán actuacións para evitar infiltracións nos sistemas municipais
A Xunta amplía a prealerta por escaseza moderada de auga aos sistemas de costa de Pontevedra e do río Verdugo, no que empeora a situación de Baiona
Acórdase activar medidas equivalentes a un escenario de alerta no subsistema de Baiona, desde o cal se abastece a poboación deste municipio pontevedrés e que presentaba indicadores propios de prealerta desde o pasado 7 de agosto
A Xunta destina 2,7 M€ en 2025 a actuacións de conservación fluvial ante o risco de inundacións
Ángeles Vázquez explica que a maioría deste financiamento se destina a actuacións en Áreas de Risco Potencial Significativo de Inundacións (Arpsi) e buscan permitir a libre circulación da auga polo río previndo eventuais asolagamentos
A Xunta e a Universidade de Santiago colaborarán nun proxecto de investigación para a vixilancia do consumo de drogas a través das augas residuais
Empregaranse os datos de cinco depuradoras galegas para medir o consumo de cocaína, cannabis, fentanilo e outras drogas
A Xunta financia con 90.000 € o acondicionamento da presa do río Verdugo, no concello da Lama
Ángeles Vázquez explica que a actuación consistirá na reparación do azude que na actualidade presenta unha rotura na súa parte inferior
A Xunta colaborará co concello de Trasmiras para mellorar o servizo de abastecemento de auga potable
Ángeles Vázquez traslada que persoal de Augas de Galicia estudará a documentación para construír un novo depósito de auga potable
A Xunta e o Concello de Outes colaborarán para facilitar a recollida selectiva dos residuos urbanos
Ángeles Vázquez solicitará a Ecoembes que subministre colectores amarelos e azuis ao municipio e anima ao Goberno local a pedir as axudas autonómicas para a implantación do quinto contedor, destinado ao depósito da fracción orgánica
A Xunta e o concello de Vilanova de Arousa avanzan na renovación da impulsión á EDAR de Tragove tras asumir Galicia a xestión do seu litoral
Ángeles Vázquez traslada ao rexedor que Augas de Galicia prevé que estea concluída a tramitación do proxecto a vindeira semana, dando así solución á situación actual
Manuel Pardo destaca o apoio da Xunta na mellora no abastecemento de auga da comunidade de usuarios de Vilar en Padrenda
O delegado territorial explicou que este colectivo recibiu 12.000 euros do Plan específico de acción comunitaria da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, para ofrecer auga de calidade e con garantías sanitarias aos 300 usuarios das 70 vivendas da comunidade.
A Xunta licita por preto de 7,5 M€ a obra de mellora do abastecemento de auga a Ribadeo e a Trabada
A actuación, que ten un prazo de execución de 15 meses, beneficiará a unha poboación potencial de preto de 10.000 habitantes