Actualidade
Buscador de novas
A Xunta leva o 'Movemento azul' aos campamentos de verán para promover a remuda xeracional e as profesións do mar entre a mocidade
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, visitou hoxe no Campamento Xuvenil Pontemaril de Forcarei os obradoiros de Un Mar de Profesións, unha iniciativa que chegará a máis de 700 escolares en 10 campamentos de toda Galicia
Educación e a Fundación Andrea colaboran para reforzar a atención ao alumnado con enfermidades de longa duración
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP e a presidenta da entidade asinan un convenio para impulsar medidas de apoio aos estudantes que non poden manter unha asistencia regular á aula
A Xunta pon en valor a importancia de achegar os valores ambientais da pesca continental ás novas xeracións a través de actividades divulgativas
Ángeles Vázquez salienta estas actividades como unha forma de concienciación sobre a pesca fluvial sostible e respectuosa co medio ambiente ao tempo que promoven a remuda xeracional no sector
O comisario do Xacobeo 2027 analiza coa reitora da USC iniciativas conxuntas para reforzar a presenza do Xacobeo 2027 no ámbito universitario
Marcos Gómez Román salientou a importancia da participación activa da comunidade universitaria na programación xacobea
As aulas galegas contarán con 900 profesores máis na etapa de secundaria o vindeiro curso grazas ás novas medidas do acordo de mellora educativa
Explica que a meirande parte deste reforzo de cadro de persoal, uns 747 docentes, derívanse da reconfiguración do horario docente para garantir unha mellor atención ao alumnado e ás familias
A Xunta agradece a implicación das preto de 50 persoas formadoras de entidades galegas do exterior que se beneficiaron do programa Escolas Abertas 2026
Na entrega de diplomas previa á gala de clausura desta noite en Lugo, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, puxo en valor esta iniciativa coa que se levan cualificado unhas 2.000 persoas
Román Rodríguez destaca o liderado universitario de Galicia no eido matemático a nivel estatal
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP inaugura o XXVII Encontro Nacional de Estudantes de Matemáticas que se celebra esta semana en Santiago
Alumnado do CIFP Cantería de Galicia elabora e entrega un templete á Insua dos Poetas
A peza escultórica, elaborada en granito fino procedente de Lugo e Ourense, supera os 5.000 quilos e acada case os tres metros de altura
A Xunta adxudica por máis de 111.000 € un programa pioneiro para promover a correcta xestión de residuos entre universitarios con vivenda compartida
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático porá en marcha o curso que vén este plan piloto, centrado nun colectivo de gran relevancia por atoparse nun momento vital de adquisición de hábitos propios de consumo e convivencia
Belén do Campo comproba as obras de mellora da cuberta no IES de Oroso que contan cun investimento de case 50.000 €
A delegada da Xunta visitou o IES de Oroso, onde a Xunta executa actuacións para mellorar as instalacións e o confort da comunidade educativa dentro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica