Actualidade
Buscador de novas
A Xunta e o Goberno de España avanzan en Bruxelas na planificación da factoría europea de IA que acollerá o Cesga
O conselleiro de Ciencia, Román Rodríguez, e o secretario de Estado de Ciencia, Juan Cruz Cigudosa, participan nunha reunión de traballo co director xeral de Redes de Comunicacións, Contidos e Tecnoloxías (DG Connect) da Comisión Europea, Roberto Viola
Rueda avalía con MasOrange vías de cooperación para impulsar o desenvolvemento tecnolóxico en Galicia
O presidente da Xunta mantivo esta semana un encontro co conselleiro delegado de MasOrange, Meinrad Spenger, no que se puxo en valor a participación da compañía en distintas iniciativas autonómicas no eido da dixitalización e a retención de talento
Román Rodríguez participará esta semana en Londres na feira de innovación educativa líder en Europa
A Xunta estará presente por primeira vez en Bett, un dos principais expositores do mundo onde se dan a coñecer as novidades en materia de tecnoloxía no ensino
Galicia desenvolveu 24 proxectos para a observación e vixilancia da biodiversidade baseados no uso de tecnoloxías con drons, nos que participaron máis de 400 profesionais
A Xunta presentou en Badaxoz, xunto con Avincis e Telespazio, os resultados da súa participación no Plan Complementario de I+D+i de Biodiversidade
A Xunta actualizará os currículos educativos e traballará coas empresas tecnolóxicas para blindar un uso seguro e responsable das ferramentas dixitais
Román Rodríguez subliña a importancia desta folla de ruta para garantir o benestar emocional na infancia e na adolescencia e fortalecer a convivencia nas aulas
Rueda anuncia que a Xunta aproba o Plan integral de benestar dixital, que inclúe un Contrato de vida en liña para fomentar a responsabilidade e a desconexión do alumnado
O Consello da Xunta valida esta folla de ruta que inclúe medio cento de accións para xestionar de forma axeitada o uso das tecnoloxías no eido educativo
A Xunta gaba o “orgullo” que representan os tres docentes premiados polo seu traballo STEM no rural
O conselleiro Román Rodríguez trasládalles persoalmente os parabéns a Lorena Cerdeira, Fina Paulos e Óscar Rey, docentes que desenvolven o seu labor en Zas
As persoas tituladas en carreiras STEM en Galicia rexistran unha taxa de ocupación superior ao 92 % nos dous primeiros anos tras finalizar os estudos
As persoas egresadas en Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría ou Matemáticas presentan taxas de ocupación dous puntos por riba da media rexistrada no Sistema Universitario Galego
Máis do 91% dos fogares rurais de Galicia teñen contratados servizos de internet de banda larga
Por riba do 95% das persoas do rural de entre 16 e 54 anos utilizan dispositivos electrónicos e a porcentaxe é do 74,7% no caso das persoas de entre 65 e 74 anos
Case nove de cada dez empresas galegas con máis de dez persoas empregadas utiliza solucións de software libre
Nas microempresas a porcentaxe de implantación destes produtos de licencia libre é de algo máis do 67%