Actualidade
Buscador de novas
Medio Rural avalía cos comuneiros de Vincios a posible creación dun pasteiro nos seus montes
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias explicou hoxe aos representantes da comunidade de montes veciñais en man común os trámites a seguir para desenvolver a iniciativa e reforzar así o pastoreo en extensivo con razas autóctonas
Medio Rural reforza a súa aposta pola formación da rama agraria cun 5 % máis de prazas e un novo ciclo no CFEA Pedro Murias de Ribadeo
A conselleira María José Gómez visitou hoxe este centro de formación, que no curso 2026-2027 impartirá o ciclo en Gandaría e Asistencia en Sanidade animal en réxime dual intensivo
Medio Rural organiza en Bilbao un novidoso evento para promover a creación de redes de contacto entre profesionais do sector agroalimentario de calidade
Trátase da iniciativa El Sabor de Galicia a un click, que contou coa presenza de 22 empresas galegas que ofrecen unha representación da versatilidade da nosa gastronomía
A Xunta enxalza o valor da gastronomía galega nunha nova edición do evento solidario Estrelas no Camiño de Santiago
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, cualificou Galicia como “unha auténtica potencia gastronómica”, poñendo como exemplo as 36 denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas recoñecidas na nosa comunidade
Medio rural apoia a Bodegas Forjas do Salnés cunha achega de case 440.000 euros para a mellora das súas instalacións
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros asistiu hoxe á inauguración no concello de Meaño
Rueda anuncia que a Xunta reforzará a loita contra o desperdicio alimentario e porá á disposición dos produtores unha plataforma web de venda directa co fin de evitar perdas
Salienta que será unha das medidas da nova Estratexia de prevención de perdas e loita contra o desperdicio alimentario en Galicia que porá en marcha o Goberno galego para ampliar o labor que xa se viña desenvolvendo neste eido desde a Xunta
Rueda anuncia a ampliación do Plan de formación para o agro galego con 196 cursos e máis de 4.500 horas lectivas neste 2026
Destaca que a principal novidade é o reforzo dos módulos de aptitude empresarial agraria, xa que crece o número de accións e as horas de formación impartidas, co fin de diversificar a oferta con máis orientacións produtivas
A Xunta amplía as zonas demarcadas fronte á praga da flavescencia dourada da vide
A Consellería do Medio Rural publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución desta ampliación, que ten como finalidade manter e reforzar as medidas urxentes destinadas á erradicación e control desta enfermidade
A Xunta enxalza a versatilidade do sector primario galego na XIII Feira da Sidra da Estrada
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez; e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos; asistiron á inauguración deste evento