Actualidade
Buscador de novas
A Xunta potenciará a formación en oficios tradicionais con bolsas para aprendices co fin de promover a remuda xeracional no eido da artesanía
Esta medida estará dotada con 1 M€ coa previsión de chegar a uns 50 aprendices e complementará ao programa formativo Aprender da tradición. Oficios e técnicas
Galicia terá un Observatorio do Xogo encargado do estudo, avaliación e seguimento das políticas neste sector
Calvo salienta que o obxectivo é “garantir un modelo de xogo seguro e responsable”
A Xunta salienta o dinamismo da mocidade emprendedora de Ourense nun contexto de paro xuvenil en mínimos históricos para un mes de setembro
José González subliñou o compromiso con seguir impulsando novas oportunidades profesionais para os máis novos, tanto por conta propia como allea, como factor estratéxico para o desenvolvemento do tecido socioeconómico de Galicia
A Xunta salienta en Ferrol o apoio á campaña ‘Comercios que conta historias’ no marco da iniciativa autonómica ‘O teu comercio local é extraordinario’
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta tarde as actividades de dinamización que se desenvolven ao abeiro da iniciativa no barrio da Magdalena
Ribadeo e Barreiros clausuran dous obradoiros de emprego conxuntos financiados pola Xunta con 880.000 euros
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que formaron en total a 36 persoas desempregadas en especialidades relacionadas coa construción, limpeza, xardinaría e dinamización cultural
A Xunta e o sector hostaleiro reparten 60.000 envases reutilizables e 25.000 bolsas para separar residuos para contribuír á redución do desperdicio alimentario
Ángeles Vázquez subliña que a hostalería é unha pata fundamental para contribuír a que Galicia cumpra cos obxectivos establecidos pola UE neste eido de cara a 2030
A Xunta recibe representantes do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 e do resto de comunidades no Laboratorio de Consumo de Galicia
O director xeral de Comercio e Consumo participou na 192ª reunión da sección de control de mercado que se celebrou no propio laboratorio galego con sede na Coruña, poñendo de relevo o seu liderado ante o Goberno central e o resto de autonomías
María José Gómez define a Feira de Artesanía e produtos da zona de Triacastela como escaparate do sector agroalimentario galego
A conselleira do Medio Rural foi a pregoeira da 13ª edición que se celebra hoxe na localidade lucense