Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 911 novas da área temática Emerxencias e interior:

28/11/2025 | 15:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento de Lugo aproba os orzamentos para 2026, que supera os 10 M€

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou hoxe xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, na reunión do pleno  do organismo, na que se acordaron tamén as axudas sociais aos profesionais dos seis parques do consorcio no marco do cumprimento do convenio colectivo asinado a principios deste ano

26/11/2025 | 15:02 | C. do Medio Rural; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Manuel Pardo supervisa en Monterrei as actuacións desenvolvidas pola Xunta para paliar as consecuencias da vaga de lumes

O delegado territorial desprazouse ao concello de Monterrei para supervisar os traballos de desentullo e limpeza que se están a levar a cabo nas edificacións que sufriron danos a causa da vaga de lumes do pasado mes de agosto no lugar da Caridade; no marco do convenio que asinou Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes con este municipio, por importe de máis de 225.000 euros

26/11/2025 | 12:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

As promocións de inspectores e inspectores principais de Policía Local clausuran en Madrid o curso selectivo impartido pola Academia Galega de Seguridade Pública

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe o Instituto de Formación Integral en Seguridade e Emerxencias da Comunidade de Madrid

25/11/2025 | 11:45 | C. do Mar; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Unidade de Policía Nacional Adscrita e Gardacostas de Galicia comisan 74 quilos de centola en Rianxo

No marco deste operativo contra o furtivismo, os axentes identificaron unha persoa, tramitaron unha sanción por infrinxir a Lei de Pesca de Galicia e as centolas comisadas foron devoltas ao mar 

21/11/2025 | 18:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña aproba o orzamento de 2026 e aclara o proceso das bases da convocatoria de 42 novas prazas de bombeiro

As probas selectivas foron consensuadas polos servizos técnicos dos catro consorcios provinciais co obxectivo de homoxeneizar criterios e garantir unhas probas comúns e equilibradas en toda a comunidade

21/11/2025 | 13:15 | C. do Medio Rural

María José Gómez incide na importancia da xestión da biomasa nas faixas secundarias para previr incendios

A conselleira do Medio Rural visitou hoxe a parroquia de Cudeiro, no concello de Ourense, onde se realizaron actuacións de limpeza e roza ao abeiro do actual convenio asinado coa empresa pública Seaga e a Fegamp

21/11/2025 | 11:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo participa na Sesión do Consello Consultivo do Consorcio Provincial contra incendios e salvamento marítimo da Coruña

O asunto tratado na sesión do Consello Consultivo foi a aprobación do Convenio de colaboración entre o Consorcio Provincial e o Grupo Vegalsa–Eroski, centrado na prevención, asesoramento e intervención en emerxencias

20/11/2025 | 12:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Unha vintena de aspirantes a inspectores e inspectores principais de Policía Local ultima a formación na Academia Galega de Seguridade Pública

O director xeral de Emerxencias e Interior participou hoxe na sesión do curso selectivo de acceso á escala executiva, que conta con 15 alumnos