Actualidade
Buscador de novas
Medio Rural beneficia a preto de 300 entidades que levarán a cabo actuacións de prevención fronte a incendios forestais nos montes
Estas axudas, dotadas cun orzamento de 5,4M€, buscan mitigar as consecuencias e impactos negativos que os lumes poidan ter sobre a capacidade potencial de desenvolvemento e produción destes montes
O alumnado do centro Pedro Murias da Xunta recibe formación teórica e práctica sobre incendios forestais
Profesionais de tres distritos do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPIF) de Medio Rural impartiron docencia neste CFEA sobre investigación dos lumes e amosaron prácticas relacionadas coa prevención e a extinción
Medio Rural destaca as agrupacións forestais de xestión conxunta como ferramenta para impulsar a produtividade forestal e evitar o abandono no monte
A conselleira María José Gómez visitou hoxe a agrupación de San Pedro do Incio, onde salientou a nova convocatoria de achegas específicas para estas asociacións, que contan cun orzamento de 2,1 millóns de euros para as anualidades 2026-2027
Alumnado do máster interuniversitario en incendios forestais coñece o dispositivo galego de loita contra o lume
O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Francisco, recibiu hoxe aos estudantes do Máster Fuego no Centro de Coordinación Central (CCC), situado en Santiago de Compostela, para explicarlles o seu funcionamento
A Xunta dá luz verde ambiental a proxectos para o cambio de uso de solo forestal a agrícola de varias parcelas nos concellos de Salceda de Caselas e Arbo
As resolucións da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevén que estas iniciativas teñan impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada