Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 650 novas da área temática Transporte:

13/08/2025 | 12:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta habilita unha liña de axudas dun millón de euros para facilitar a incorporación ao mercado laboral de novos profesionais do transporte

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, visitou unha autoescola e o circuíto de prácticas de condución de Narón para informar desta nova orde de axudas que sae publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia

09/08/2025 | 13:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta abre este luns a inscrición na nova convocatoria dos cursos gratuítos de condución segura de motos, que se celebrarán en setembro e outubro

Nesta convocatoria celebraranse 8 cursos, que se impartirán o 13 de setembro en Monforte de Lemos, o 20 de setembro no Porriño, o 27 de setembro en Culleredo e o 4 de outubro en Narón

07/08/2025 | 12:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aborda con Fegataxi da Coruña a situación do sector pola convivencia cos servizos VTC e incide na competencia do concello da Coruña no seu termo municipal

A directora xeral de Mobilidade informou de que o Goberno galego actúa no marco das súas competencias, realizando labores de inspección e sanción en relación co cumprimento da normativa e dos tráficos interurbanos

07/08/2025 | 11:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta implanta o proxecto piloto da plataforma galega de mobilidade MoBT que prevé chegar en setembro a 26 concellos

A iniciativa permite o pago no autobús a través do teléfono móbil, eliminando a necesidade de acudir a unha oficina bancaria, de dispoñer dunha tarxeta e de recargar no caixeiro

06/08/2025 | 16:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aborda cos concellos de Dodro e Padrón o deseño dos servizos de autobús da nova concesión de transporte público que conecta ambos os municipios con Santiago e O Barbanza

Entre as melloras figuran unha nova liña entre Dodro e Santiago que conectará cos hospitais e outra entre Dodro e Padrón para dar servizo ao alumnado dos institutos Camilo José Cela e Macías o Namorado

06/08/2025 | 13:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Allegue reclama unha vez máis unha reunión co ministro Óscar Puente para abordar a xestión da AP-9

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas empraza ao ministro de Transportes y Movilidad Sostenible a unha reunión para expoñer o novo estudo da Xunta que conclúe que o rescate é neste momento a solución máis vantaxosa para o interese público e cuantifica esta medida en 2.356M€

04/08/2025 | 16:56 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta habilita unha liña de axudas dun millón de euros para facilitar a incorporación ao mercado laboral de novos profesionais do transporte

O presidente do Executivo autonómico, Alfonso Rueda, informou hoxe desta innovadora medida, dotada cun millón de euros, para “acceder a estas profesións para as que fan falta unas actitudes e unha titulación”

04/08/2025 | 16:10 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda anuncia que a Xunta lle solicitará ao Goberno central a convocatoria da Comisión Mixta de Transferencias para asumir as competencias sobre instalacións aeronáuticas de competencia galega

O Consello do Goberno galego autorizou a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes a iniciar os trámites necesarios para exercer as competencias actualmente asumidas polo Estado, co traspaso dos recursos precisos

03/08/2025 | 12:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 310.000 euros a execución das obras dunha glorieta e de mellora do firme no acceso a Cequeliños, en Arbo

Os traballos levaranse a cabo na zona que vai do acceso a Mandelos ata o acceso ao lugar de Cequeliños e consistirán na dotación dunha glorieta

01/08/2025 | 11:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta amplía o percorrido de catro liñas de autobús e crea unha nova liña circular que reforzan o servizo en diversos barrios de Ferrol e na parroquia do Val, en Narón

Créase unha liña circular en Ferrol con máis de 100 servizos á semana que conecta diversos barrios, o centro da cidade, o porto e o polígono da Gándara