A construción dunha cuneta de seguridade na conexión da AG-46, sentido Brión- Santiago, coa SC-20, fai necesario un corte diurno deste ramal desde hoxe e ata o mércores

O corte comezou este luns e se prolongará ata as 19.00 horas de hoxe, prevéndose para maña, martes 17, o corte deste ramal, entre as 9,00 e as 19.00 horas

Este mércores 18 rematarán as obras, prevéndose neste caso o corte do ramal, entre as 9,00 horas e ata as 14.00 horas

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2026

A Xunta informa do inicio hoxe dun corte diurno do ramal de conexión da AG-56 (sentido Brión–Santiago) coa SC-20 (sentido Milladoiro-Santiago). Trátase dunha vía cun único carril de circulación, o que obriga a proceder ao seu corte ao tráfico para permitir o traballo da maquinaria e garantir a seguridade dos operarios e das persoas usuarias da estrada.

O corte comezou este luns e se prolongará ata as 19.00 horas de hoxe. Mañá, martes 17 procederase novamente ao corte do ramal, desde as 9.00 horas e ata as 19.00 horas.

Segundo se prevé no plan de traballo, este mesmos mércores, día 18 de marzo, rematarán as obras, prevéndose neste caso o corte do ramal, entre as 9,00 horas e ata as 14.00 horas.

No desenvolvemento destas obras aproveitase as condicións meteorolóxicas favorables para axilizar estes traballos de mellora e conservación da vía e minimizar todo o posible a incidencia no tráfico, tendo habilitado os desvíos precisos durante a execución destes traballos.

Data de actualización: 16/03/2026