Allegue comproba en Xeve as obras de rehabilitación do firme no treito da estrada autonómica PO-223, no concello de Pontevedra
Pontevedra, 11 de outubro de 2026
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto coa directora da Axencia Galega de Infraestruturas, María Deza, comprobou hoxe na parroquia pontevedresa de Xeve as actuacións rematadas nun treito de case 1km da estrada autonómica PO-223, que une a cidade con Campo Lameiro.
A intervención nesta vía autonómica ao seu paso polo concello de Pontevedra, forman parte dun contrato de conservación de estradas e reforzos de firme para actuar en cinco estradas de titularidade da Xunta ao seu paso por sete concellos da provincia de Pontevedra: Valga, Pontevedra, Pontecesures, Ribadumia, Cambados, Caldas de Reis e Vilagarcía de Arousa.
As obras xa están rematadas na súa totalidade e xa foron recepcionadas polo Axencia Galega de Infraestruturas.