Actualidade
Buscador de novas
A Xunta recoñece en Ourense a Bermello Electrodomésticos como exemplo de comercio tradicional que aposta pola dixitalización
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social participou hoxe nun dos locais de Bermello Electrodomésticos na presentación de Xerme III, iniciativa que busca reforzar o ecosistema emprendedor galego no ámbito do comercio electrónico
Lorenzana anuncia que a Xunta aprobará antes do verán a ampliación do parque empresarial de Xove
Asegura que a previsión é que no ano 2027 se poidan licitar as obras de urbanización
A Xunta reforza o ecosistema de emprendemento transfronteirizo co proxecto Greenseed e destaca o potencial da bioeconomía no rural galego
José González subliña o impacto de GreenSeed para dinamizar e protexer o territorio, conectando oportunidades entre Galicia e o norte de Portugal e favorecendo a atracción e retención de talento no rural
A Xunta conciencia as novas xeracións en Vigo sobre a elección profesional sen prexuízos de xénero con exemplos do sector metalmecánico
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais e a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa participaron esta mañá no CPR Montesol nunha xornada no marco do programa ‘Que non te líen, ti elixes’, impartida por Asime
A Xunta abre a convocatoria de axudas a microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde, dotada con 150.000 euros, dirixida ás ONGD e a outros axentes de cooperación para o desenvolvemento
Belén do Campo destaca o investimento da Xunta de máis de 475.000 € en actuacións de mellora da eficiencia enerxética en cinco empresas turísticas do Barbanza
A representante do Goberno autonómico visitou, esta mañá, o hotel Casa Jurjo, que contou cunha achega autonómica de máis de 157.000 euros dentro da liña de subvencións para a mellora da eficiencia enerxética en empresas turísticas de Turismo de Galicia
A Xunta lembra co gallo do Día Mundial da Seguridade no Traballo que levará ao diálogo social a futura estratexia de benestar laboral e RSE
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou esta semana no webinario Construíndo benestar: ferramentas para contornas de traballo psicosocialmente saudables, organizado polo Issga en colaboración con Asepeyo
A Xunta salienta en Ourense a importancia da remuda xeracional no sector artesán para garantir o futuro dos oficios tradicionais
José González destaca o apoio autonómico a esta cita referente que este ano conta coa participación dunha ducia de obradoiros inscritos en Artesanía de Galicia, especializados en coiro, xoiería, bixutería, complementos ou creación con papel