Actualidade
Buscador de novas
A Xunta avanza nas obras da estación intermodal de Lugo e incide na demanda de máis conexións ferroviarias para a cidade
Co gallo da Semana Europea da Mobilidade, o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes visitou as actuacións que está a executar o Goberno galego na terminal de autobuses e no aparcadoiro, que supoñen un investimento de case 14 millóns de euros
A Xunta destina 8,5 M€ a case unha vintena de infraestruturas de carácter estratéxico das axudas do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local
Ao abeiro desta medida, o Goberno galego financia actuacións en infraestruturas locais que trascenden o ámbito municipal e son fundamentais para a mellora dos servizos que prestan as entidades locais
A Xunta acudirá á vía xudicial se o Goberno Central non achega o expediente aberto pola Comisión Europea sobre a AP-9
Allegue anunciou que a Xunta se dirixirá tamén aos gobernos autonómicos de Asturias e Castela León para estudar a posibilidade de coordinar accións conxuntas para reclamar a liberalización das peaxes
A Xunta lamenta que o Goberno central volva castigar aos galegos, aos que condena a seguir pagando unha peaxe inxusta pola AP-9
O Goberno galego critica a falta de valentía do Goberno de Sánchez ante a súa resposta sobre o ditame da Comisión Europea que declaraba a irregularidade das prórrogas da concesión da autoestrada
Rueda salienta o compromiso da Xunta co sector do transporte de mercadorías por estrada para garantir a remuda xeracional e infraestruturas seguras
Resalta que o Goberno autonómico reclamou ao Estado “as capacidades para autorizar permisos de traballo a estranxeiros”, o que facilitaría á incorporación de novos profesionais ao sector do transporte
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra lembra en Tui que segue aberto o prazo para solicitar as axudas para a obtención dos permisos de conducir tipo A2 e B
As subvencións cubrirán ata 150 euros no casodo permiso A2 e ata 400 euros para o permiso B
A Xunta non acepta un mapa concesional imposto e sen diálogo e insiste ao Goberno na convocatoria urxente da Conferencia Sectorial de Transportes
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, remitiulle ao ministro Óscar Puente unha carta na que rexeita calquera imposición unilateral
A Xunta licita por preto de 158.000€ a mellora do viario que comunica co núcleo rural de Soutelo, en Manzaneda
As actuacións, ao abeiro do Plan Hurbe, consistirán na mellora do pavimento do camiño, das beirarrúas e da senda nunha estrada entre a parroquia de San Martiño e o núcleo de Manzaneda, ademais da da revisión das redes pluviais e a dotación de zonas verdes
A Xunta retoma o luns os traballos de renovación do firme na autoestrada do Val Miñor
Estas tarefas desenvolveranse do 15 ao 19 de setembro en horario diurno entre os puntos quilométricos 19+000 e 22+000 do tronco da autoestrada e no ramal de Nigrán
A Xunta inicia na noite de mañá os traballos de renovación do firme na autoestrada A Coruña-Carballo
Esta intervención na autoestrada autonómica suporá un investimento de case 90.000€