Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 139 novas da área temática Portos:

18/01/2023 | 13:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 8 ofertas para a nova mellora do acceso da Vía Ártabra ao porto de Lorbé, en Oleiros, que suporá un investimento de máis de 290.000 euros

Mellorarase o acceso ao porto de Lorbé desde a intersección da Vía Ártabra coa estrada provincial CP-5802 ata a entrada ao recinto portuario

17/01/2023 | 15:01 | C. do Mar

A Xunta tramita melloras para o porto de Burela por importe de medio millón de euros

Portos de Galicia ultima os traballos de renovación de defensas e morróns e ten comprometida tanto a renovación das luminarias con tecnoloxía LED como a reposición do firme no vial anexo á parede do dique que dá á terra

13/01/2023 | 17:04 | C. do Mar

A Xunta inicia as obras de reparación do paseo do Cantiño, na Illa de Arousa

Os traballos buscan restituír a estrutura ao seu estado inicial mediante a consolidación da capa de recheo que serve de base á liña peonil do paseo

12/01/2023 | 17:04 | C. do Mar

A Xunta investirá preto de 640.000 € na urbanización e mellora do vial portuario de Raxó

O Executivo galego autorizou hoxe a sinatura dun convenio de colaboración entre Portos de Galicia e o Concello de Poio para a execución das obras, nas que o ente público aporta o 70% do orzamento e o Goberno local o 30% restante

11/01/2023 | 13:46 | C. do Mar

A Xunta impulsa unha aplicación móbil para o rexistro e difusión de avistamentos de candorcas en tempo real para apoiar a seguridade na navegación

Portos de Galicia financia a APP Orcinus, desenvolvida polo centro de investigación especializado en grandes cetáceos Bottlenose Dolphin Research Institute do Grove

11/01/2023 | 12:38 | C. do Mar

A Xunta apoiou o ano pasado con preto de 2 M€ máis de 20 proxectos de mellora nas infraestruturas portuarias da provincia de Pontevedra

A convocatoria de 2023 destas achegas sairá publicada esta semana no Diario Oficial de Galicia por valor de 4,6 millóns de euros e permitirá desenvolver proxectos para facilitar o labor dos profesionais do mar e impulsar a competitividade do sector

04/01/2023 | 17:28 | C. do Mar; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta reitera ao Club de Remo da Pobra a súa total disposición a regularizar o uso das súas instalacións

Portos de Galicia está a analizar a solicitude presentada polo Concello da Pobra para poder ocupar ese espazo e accedendo a bonificacións de taxas

03/01/2023 | 13:37 | C. do Mar

A Xunta investirá este ano arredor de 3 M€ en renovar o alumeado de preto dunha trintena de portos con equipamentos de tecnoloxía led

A titular de Mar salienta que se instalarán elementos de altas prestacións e software de telecontrol para mellorar as condicións de iluminación e eficiencia enerxética nos espazos portuarios contribuíndo así a reducir a contaminación luminosa
 

02/01/2023 | 12:25 | C. do Mar

A Xunta apoiará este ano con 4,6 M€ as melloras nas infraestruturas e equipamentos das lonxas e portos pesqueiros de Galicia

A convocatoria destas achegas sairá publicada no Diario Oficial de Galicia a vindeira semana e permitirá desenvolver proxectos para facilitar o labor diario dos profesionais do mar e impulsar a competitividade do sector e a súa rendibilidade