Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.825 novas da área temática Emprego:

19/06/2026 | 14:50 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta entrega os recoñecementos ‘Medrando Xuntas Impulsa 2026’ para visibilizar o talento feminino na economía social de Galicia

As directoras xerais de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, e de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto, participaron hoxe na entrega de galardóns enmarcada no programa que busca fortalecer o papel das mulleres na economía social

19/06/2026 | 14:24 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña o potencial xeotérmico de Galicia e as oportunidades que ofrece no eido da innovación tecnolóxica e de xeración de emprego

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participou en Nigrán nunha xornada sobre esta fonte de enerxía renovable que destaca pola súa estabilidade e sitúa á comunidade á vangarda do noroeste peninsular 

19/06/2026 | 13:29 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Ana Ortiz destaca a formación laboral para 20 persoas desempregadas no obradoiro Queda en Mos

A delegada territorial en Vigo, Ana Ortiz, inaugurou unha nova edición da iniciativa financiada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

18/06/2026 | 19:21 | C. de Sanidade

O plan de mellora da xestión e control da incapacidade temporal da Xunta permitiu revisar máis de 143.000 procesos e a emisión de máis de 6.000 partes de baixa directamente desde os hospitais

A folla de ruta do Executivo galego ten como finalidade apoiar os profesionais que xestionan os procesos de incapacidade temporal e acadar unha pronta recuperación das persoas traballadoras

18/06/2026 | 19:00 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta sitúa a comarca de Verín como unha das contornas máis propicias para beneficiarse das axudas á rehabilitación de vivenda dirixidas a traballadores

José González destaca que esta bisbarra ten unha alta porcentaxe de vivendas baleiras, polo que anima a solicitar algunha das dúas liñas de achega dispoñibles: a primeira orientada a empresas e a persoas físicas ou xurídicas, e a segunda a concellos

18/06/2026 | 13:00 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca os máis de 756.000 € investidos na nova oficina de emprego de Vilalba no marco do proceso de modernización das infraestruturas do servizo

Cunha superficie de case 460 m² útiles, José González salienta que as novas instalacións dan servizo á veciñanza de Vilalba, pero tamén de Guitiriz, Cospeito ou Xermade, tras terse atendido en 2025 nesa oficina case 5.600 citas

17/06/2026 | 15:19 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta aposta pola atracción de talento, o benestar laboral e a redución do impacto do absentismo para elevar a produtividade empresarial

José González incide no valor de Stonegal para coñecer as últimas tendencias que ofrece a pedra natural en ámbitos como a arquitectura, a construción ou a decoración

17/06/2026 | 15:13 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor en Abegondo o obradoiro ‘Reserva da biosfera’ pola súa contribución á empregabilidade e ao coidado do medio natural

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, inaugurou o novo obradoiro dual de emprego promovido polos concellos de Abegondo, Bergondo, Carral, Oza Cesuras, Paderne e Sada cun apoio da Xunta de máis de 483.000 €