Actualidade
Buscador de novas
Rueda anuncia que a Xunta incrementa os apoios a concellos e particulares para axudalos na xestión da biomasa nas faixas que rodean aos núcleos pese á negativa da Fegamp a asinar o convenio
Destaca que “se van destinar máis de 100 M€ nos vindeiros catro anos”, o que supón duplicar a contía anual e chegar aos 25 M€
Medio Rural destina máis de 600.000 € a apoiar un total de 22 agrupacións forestais de xestión conxunta
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución destas achegas, correspondente á convocatoria de 2025, enmarcadas no Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU
A Xunta elevará un 40 % ata os 20 M€ o orzamento do programa a prol da empregabilidade na prevención de incendios e reforzarao coa figura coordinadora
José González destacou que Galicia Suma Talento: Rural Activo prevé beneficiar unhas 300 entidades locais con máis de 1.000 contratacións durante 9 meses principalmente para a prevención de lumes, dentro da renovación das políticas activas de emprego
A Xunta reivindica o uso da madeira na construción porque Galicia é rica en recurso forestal, industria e talento
O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, destaca o “valor estratéxico desta materia prima porque vincula industria e territorio”
A Xunta asegura que o desenvolvemento de proxectos como Bionogueira son clave para fortalecer un modelo forestal responsable e xerar riqueza no rural
O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Alfredo Fernández Ríos, puxo en valor esta iniciativa para a recuperación de soutos e castiñeiros envellecidos no Concello de Nogueira de Ramuín e na que colaborou o CIF de Lourizán
Medio Rural destaca a colaboración público-privada na loita contra os incendios na presentación de equipos aéreos punteiros cedidos á Xunta por Abanca
A conselleira María José Gómez participou hoxe na presentación de tres sistemas de última xeración, que permiten traballar en remoto e que complementarán os recursos autonómicos nas tarefas de vixilancia, prevención e defensa fronte ao lume
Medio Rural reforza as accións de formación e sensibilización sobre incendios forestais coa participación de máis de 1.000 escolares de Ourense
As accións formativas que se desenvolveron en Ourense foron en centro educativos dos concellos de Castro Caldelas, O Barco de Valdeorras, Ourense e A Pobra de Trives
A Xunta destaca o papel estratéxico do sector da biomasa no marco das actividades formativas organizadas ao abeiro do programa Xera-Savia
O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, inaugurou este mediodía a primeira das accións que organiza o Clúster da Madeira, como entidade beneficiaria desta liña de apoios á que o Goberno galego destinou este ano preto de medio millón de euros
A Xunta avanza na recuperación das zonas afectadas por incendios con actuacións en vías e devasas
A conselleira do Medio Rural visitou unha zona na parroquia do Sesto, en Agolada, onde están a acometerse rozas en máis de 26 quilómetros de faixas forestais, traballos de restauración de preto de 500 metros de zonas cortalumes e en algo máis de dous quilómetros de estendido de terras, e tamén se están reparando os accesos en máis de 29 quilómetros