Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.918 novas da área temática Mar:

24/04/2026 | 14:57 | C. do Mar

Villaverde anuncia unha nova caracterización completa dos áridos da dragaxe do Lérez en resposta as esixencias do Ministerio de Transición Ecolóxica

Portos de Galicia ten xa contratado este novo estudo solicitado polo MITECO como condición para informar favorablemente a obra na que a Xunta investirá 11,9 M€

24/04/2026 | 11:05 | C. do Mar

Villaverde destaca a formación especializada e a internacionalización como claves do futuro do sector alimentario do mar

A conselleira do Mar participou na apertura do Programa de Especialización impulsado por Clusaga no marco de Competemar 2026

23/04/2026 | 14:33 | C. do Mar; C. de Sanidade

Galicia reforza a súa seguridade alimentaria cun acordo entre as consellerías de Sanidade e do Mar para controlar o peixe das piscifactorías

O titular de Sanidade pon en valor os controis de calidade que a Xunta realiza na cadea alimentaria e destaca a posición de referencia do Laboratorio de Saúde Pública de Galicia, que se encargará de realizar as analíticas

23/04/2026 | 10:20 | C. do Mar

Villaverde defende nun foro europeo a participación activa dos pescadores no deseño das medidas de restauración dos hábitats mariños

A conselleira do Mar inaugurou, por videoconferencia, o taller europeo sobre esta materia que se celebra en Copenhague

22/04/2026 | 18:43 | C. do Mar

Galicia exhibe o seu liderado mundial na Seafood Expo Global de Barcelona coa presenza de preto de medio centenar de empresas do sector mar-industria

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, destaca a excelencia e sustentabilidade dos produtos galegos no evento destas características máis importante do mundo

22/04/2026 | 13:56 | C. do Mar

Mar reúnese coa confraría de Vilaboa e reitera o seu apoio á rexeneración dos bancos e á modernización portuaria

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, mantivo un encontro co novo patrón maior para analizar a situación dunha entidade que agrupa a máis de 90 profesionais

21/04/2026 | 15:41 | C. do Mar

Villaverde reafirma o compromiso da Xunta co marisqueo con preto de 23 M€ para recuperar os bancos afectados polos temporais

A conselleira do Mar destaca que o Goberno galego é o único que está achegando solucións reais e fondos propios “fronte ao abandono do Executivo central”

21/04/2026 | 14:29 | C. do Mar

Mar sitúa a innovación tecnolóxica como elemento clave para a seguridade e a competitividade do sector

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, asistiu á presentación do bote salvavidas da OPPC3