Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 653 novas da área temática Transporte:

10/06/2025 | 13:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta denuncia a desidia e falta de compromiso do Goberno central co transporte ferroviario en Galicia

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes interveu no Parlamento de Galicia, onde lembrou “os anuncios sen concrecións, as promesas incumpridas e as infraestruturas e servizos pendentes” por parte do Ministerio de Transportes 

07/06/2025 | 12:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras de conservación no viaduto do río Bouzos na vía de alta capacidade do Morrazo farán necesario afectar ao tráfico entre a saída de Cangas e á da PO-551

Trátase de executar as obras de recolocación do apoio de neopreno existente no estribo da estrutura correspondente coa viga central do viaduto, o que fará necesario traballar 3 días

06/06/2025 | 12:56 | Axencia de Turismo de Galicia

Arrinca este sábado unha nova tempada dos trens turísticos coas rutas de Ribeira Sacra-Sil e dos Faros

A campaña conta con 2.530 prazas para poder gozar destas rutas que percorren concellos, paisaxes, patrimonio e natureza

06/06/2025 | 12:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o transporte escolar compartido como unha fortaleza da mobilidade galega

A directora xeral de Mobilidade abordou no Parlamento as claves deste sistema, que, segundo afirmou, espertou o interese doutras comunidades autónomas 

05/06/2025 | 12:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 14 ofertas para executar a conservación das autoestradas AG-53 e AG-54 nos vindeiros 4 anos, cun investimento de máis de 9,1M€

Trátase de seguir garantindo os traballos de conservación ordinaria e de vialidade na autoestrada Dozón-Ourense (AG-53) e no seu ramal ao Carballiño (AG-54)

04/06/2025 | 12:51 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta encarga un estudo sobre o posible emprego en estradas de áridos procedentes da planta de Sogama

O contrato foi adxudicado por case 120.000 euros e terá unha duración de dous anos

03/06/2025 | 18:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo anima a solicitar as axudas do programa EBici para mercar bicicletas eléctricas

O prazo de usuarios para solicitar estas axudas está aberto ata o 13 de novembro do 2026 ou ata que se esgote o crédito

02/06/2025 | 16:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta únese á demanda do persoal ferroviario ao Goberno central para consolidar o emprego neste sector en Galicia

O Goberno galego comparte a preocupación dos traballadores ante o anuncio de licitación do servizo de mantemento das locomotoras, que pon en risco a viabilidade do taller en Ourense

27/05/2025 | 15:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta ten aberto o prazo de solicitude das axudas para mercar bicicletas eléctricas de pedaleo asistido ou para cadeiras de rodas

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que establecementos de Lugo, Monforte de Lemos, Sarria, Foz, Burela, Viveiro e Ribadeo xa se sumaron ao programa EBici, ao que poden seguir incorporándose novos negocios 

27/05/2025 | 12:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

As persoas titulares de autorización de taxi poderán solicitar axudas da Xunta ao pago de pólizas de seguro e contratación de persoal desde o 5 de xuño

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, reuniuse hoxe con representantes da Unión de Taxis Galegos (Utaga) e puxo en valor esta nova orde, dotada con 1M€, que se convoca por primeira vez en resposta á demanda do sector polo incremento dos custos nos últimos anos