Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 555 novas da área temática Auga:

26/06/2025 | 14:09 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta inicia as obras de ampliación das redes de abastecemento e saneamento do lugar do Canedo cun investimento de arredor de 700.000 euros

Ángeles Vázquez salienta que os traballos, cun prazo de execución de seis meses, supoñen substituír as traídas e pozos particulares existentes por canalizacións comunitarias para dar un servizo adecuado á veciñanza co ano 2045 como horizonte

22/06/2025 | 10:01 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación en varios tramos fluviais que suman máis de 10 quilómetros no Concello de Valga

As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante arredor de 16 semanas e inclúen a retirada tanto de árbores caídas como de biomasa das canles fluviais para evitar atoamentos

21/06/2025 | 10:01 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta instala seis paneis informativos para sensibilizar á cidadanía sobre a área de risco de inundación do rego de Laxe-Carnota

O obxectivo de Augas de Galicia é advertir dos perigos que entrañan estas zonas e dar a coñecer as medidas preventivas e as pautas de actuación recomendadas en caso de producirse algún episodio deste tipo

20/06/2025 | 11:30 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos considera que os “atributos excepcionais” da Ribeira Sacra farán que sexa recoñecida como Patrimonio da Humanidade

Apela as “boas sensacións” durante todo o proceso, que levan a Xunta ”a confiar” en que obterá este recoñecemento internacional en xuño de 2026

18/06/2025 | 17:57 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta expón a contribución de Galicia á mellora da xestión dos recursos hídricos e á mitigación dos efectos da seca en Mozambique como exemplo de colaboración

Roi Fernández explica que o programa AquaMoz é un modelo de referencia, tanto desde o punto de vista administrativo como económico, que pode servir como exemplo para seleccionar novos proxectos e territorios

16/06/2025 | 17:23 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez e o alcalde de Beariz avalían cuestións de interese para o concello en materia de saneamento e xestión de residuos

Estudaron vías de colaboración para acometer a reforma e ampliación da rede de saneamento na contorna de Igresario no lugar de Doade

13/06/2025 | 15:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta remata as obras de drenaxe na contorna do aparcamento da Avenida de Breogán, no barrio lucense de Casás

O delegado territorial, Javier Arias, lembra que o Goberno galego decidiu asumir estes traballos, de competencia municipal, para axilizar a recepción e apertura do parking por parte do Concello de Lugo

13/06/2025 | 14:34 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Frades avanzan no deseño do proxecto para ampliar a ETAP de Ponte Carreira cun investimento de máis de 500.000 euros

Augas de Galicia e o Goberno local perfilan os últimos detalles para poder asinar proximamente o convenio de colaboración entre as partes no que o Executivo autonómico aportará o 80% do financiamento e o municipio o 20% restante

13/06/2025 | 12:14 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez e a alcaldesa de Oímbra avalían vías de colaboración para mellorar o servizo de abastecemento de auga na localidade

As partes estudan as seguintes actuacións a realizar para avanzar na execución do plan de subministración de auga elaborado para o municipio

11/06/2025 | 14:05 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca a aposta da Xunta por manter Galicia á vangarda en calidade e innovación pola xestión da auga

A colaboración do Goberno galego coa entidade que permitiu desenvolver proxectos conxuntos como as melloras na EDAR de Viveiro ou no sistema de abastecemento da marxe dereita da ría de Arousa, entre outros