Actualidade
Buscador de novas
María José Gómez pon en valor as políticas a prol da remuda xeracional, que se reforzarán neste 2026
A conselleira do Medio Rural participou hoxe na xornada RuralMente co sector primario, organizada polo Concello da Estrada
O Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento informa favorablemente do Plan anual 2026 da cooperación galega
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, presidiu a reunión do organismo, na que tamén se fixo balance do Plan da Cooperación Galega do 2025, que foi executado ao 100%
A Xunta anima a descubrir Galicia a través do Camiño do litoral, deseñado para vertebrar de norte a sur a costa máis extensa de España
Dividido en 52 etapas que se estenderán ao longo de 1.300 km, o Goberno galego investirá preto de 2 M€ na execución das obras necesarias para lograr un trazado continuo, accesible e seguro e no deseño e instalación dunha sinalización unificada
Diego Calvo recibe ao novo cónsul honorario de Ucraína en Galicia
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes destaca o compromiso da Xunta coa poboación ucraína a través da Cooperación Galega coa mobilización de máis de 228.200 euros desde 2022 para o transporte de axuda humanitaria, protección e apoio
Cetmar consolida en 2025 o seu papel como axente estratéxico na innovación, a sostibilidade e a gobernanza marítima
Máis de medio cento de proxectos para impulsar a economía azul, a xestión sostible dos recursos mariños e a cooperación internacional
Rueda defende a protección e difusión da cultura galega como unha prioridade e un esforzo compartido entre administracións e institucións
Agradece o traballo do Consello, protagonista no ciclo de esplendor cultural sen precedentes que está a atravesar a nosa comunidade
Dozón mellora a eficiencia enerxética do edificio destinado a alugueiro social grazas a unha achega da Xunta de 120.000 euros
O delegado territorial destacou a importancia de levar a cabo obras que diminúan os gastos correntes dos concellos, así como o seu impacto ambiental
A Xunta executou o 100% do seu Plan anual da cooperación galega para o 2025
O plan contou cunha dotación inicial de case 10M€ no marco do ‘V Plan director da cooperación galega 2023-2026’