Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 13 novas da área temática Eclipse Galicia:

21/01/2026 | 13:23 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta constitúe a comisión interdepartamental de preparación e coordinación das actuacións relacionadas coa observación da eclipse do 12 de agosto

Diego Calvo presidiu a primeira sesión da comisión, na que participan representantes desta consellería e das de Medio Ambiente e Cambio Climático, Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e Sanidade, así como da Axencia Turismo de Galicia

03/01/2026 | 12:48 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Máis de 4.000 persoas participaron en 2025 nas actividades gratuítas de observación astronómica promovidas pola Xunta nas Illas Atlánticas

Por noveno ano consecutivo, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a Federación Galega de Astronomía e Radioastronomía organizaron accións de dinamización para dar a coñecer os arquipélagos como destino Starlight

22/10/2025 | 17:31 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta prepárase para que o eclipse solar de 2026 sexa unha oportunidade para o astroturismo en Galicia

Turismo de Galicia participa esta semana no Encontro Internacional Starlight onde pon en común os traballos que están a realizar para preparar o destino a este evento