Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.535 novas da área temática Medio ambiente:

22/09/2026 | 19:26 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta informa de que a afección do vertido de Tordoia segue a reducirse e confirma a efectividade das barreiras fluviais instaladas por Augas de Galicia

Os resultados analíticos das mostras tomadas ao longo dos tramos afectados constatan unha evolución favorable e que os valores de amonio detectados diminuíron nunhas 40 veces desde o primeiro día, achegándose xa a limiares de normalidade

22/09/2026 | 15:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avoga pola colaboración de administracións, empresas e cidadanía para garantir a conservación da biodiversidade e reforzar o seu papel na acción climática

Ángeles Vázquez subliña que coidar dos nosos bosques significa coidar tamén o carbono que almacenan, a auga que axudan a regular, o solo que protexen e todas as especies que atopan neles o seu hábitat

22/09/2026 | 12:36 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o sector da construción poñen en marcha un grupo de traballo para avanzar no uso de materiais reciclados na execución de obras públicas

Ángeles Vázquez explica que esta iniciativa nace co obxectivo principal de impulsar a utilización efectiva de áridos reciclados e outros materiais recuperados do sector da construción e da demolición, un fin que se enmarca na aposta do Goberno galego por converter os residuos en novos recursos

22/09/2026 | 12:26 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental con condicións á instalación dun campamento turístico en Portomarín

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que o proxecto teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

19/09/2026 | 13:17 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Preto de 450.000 persoas visitaron o Parque Nacional das Illas Atlánticas na tempada de verán, un dato que confirma a tendencia ascendente dos últimos anos

Ángeles Vázquez salienta tamén que no desde xaneiro os catro arquipélagos recibiron algo máis de 478.000 visitas, un balance que practicamente iguala ao de todo o ano anterior á falta aínda de máis de tres meses para pechar o exercicio

18/09/2026 | 17:58 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta promove o coñecemento e a participación das persoas xordas e xordo-cegas nas actividades de divulgación do patrimonio natural galego

Marisol Díaz lembra que a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático leva anos colaborando coa FAPXG para a posta en marcha diferentes accións, como a organización de visitas guiadas con intérpretes de lingua de signos

18/09/2026 | 15:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; Axencia de Turismo de Galicia

Ángeles Vázquez pon en valor o Caudal Fest como festival implicado coas boas prácticas que promove a Xunta coa súa guía para eventos de ocio e deportivos

Explica que o manual busca facilitar a incorporación da sostibilidade na planificación, organización, execución e avaliación de actos de diferentes dimensións, desde unha carreira popular ata eventos musicais multitudinarios pero tamén verbenas e romarías

18/09/2026 | 13:12 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta autoriza a solicitude para instalar gaiolas trampa para o control das poboacións de xabaril na contorna do concello de Lugo

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático responde á petición municipal para mitigar os efectos na seguridade das persoas da presencia de exemplares desta especie na contorna urbana e periurbana

17/09/2026 | 15:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en marcha un proxecto piloto para mellorar a recollida separada de residuos a través do acceso con identificación aos contedores

Ángeles Vázquez incide en que ademais de reciclar máis, hai que reciclar mellor e para conseguilo é preciso informar, concienciar e implicar á cidadanía

17/09/2026 | 14:45 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta desenvolve unha estratexia integral de restauración ambiental nas Illas Cíes, Ons e Sálvora para mellorar a conservación dos seus hábitats

Estas accións enmárcanse no proxecto LIFE Insular, que busca definir e implementar unha estratexia integrada para a xestión sostible dos hábitats insulares, ao tempo que se aumenta a súa resiliencia como medida de adaptación ao cambio climático