Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 141 novas da área temática Portos:

25/04/2024 | 13:16 | C. do Mar

Amplíanse a case 8,2 millóns de euros as axudas para a mellora das infraestruturas e equipamentos de lonxas e portos pesqueiros tras unha alta demanda

Os proxectos presentados superan con creces o orzamento inicial, o que leva a elevar un 70 % ou en 3.370.000 euros a contía que estaba prevista para este exercicio

19/04/2024 | 10:50 | C. do Mar

Portos de Galicia outorga concesións para a xestión de lonxa ás confrarías de Moaña, Pontedeume, Ribadeo, Noia e Vilaxoán

As taxas que terán que abonar pola ocupación do solo portuario polos edificios das rulas contan cunha bonificación do 90 %

17/04/2024 | 16:53 | C. do Mar

Alfonso Villares pon en valor o papel dos depuradores de moluscos na distribución e venda do mellor marisco galego nos mercados

O titular de Mar trasladou o apoio da Xunta a un sector esencial para a cadea mar-industria cun importante peso na economía galega e cunha facturación media anual de preto de 450 millóns de euros ao ano

15/04/2024 | 16:47 | C. do Mar

Portos de Galicia somete a información pública unha addenda á avaliación ambiental da dragaxe de Foz tras a ampliación das zonas ZEPA polo MITECO

O Ministerio vén de ampliar a declaración de Zona de Especial Protección para as Aves a todo o litoral galego coa conseguinte afectación á tramitación das obras portuarias

12/04/2024 | 14:11 | C. do Mar

Portos de Galicia licita por máis de 1,4 millóns de euros as obras de remodelación e ampliación da lonxa de Tragove, en Cambados

Os traballos permitirán dotar ao edificio dunha nova zona para a limpeza de caixas, a preparación do peixe e cámaras de frío e conxelación

08/04/2024 | 18:45 | C. do Mar

A Xunta de Galicia investirá preto de 800.000 euros en melloras no porto de Cariño ao longo deste ano

Alfonso Villares achegouse á dársena cuxa dragaxe vén de saír a licitación por 677.000 euros e permitirá a extracción de máis de 20.000 metros cúbicos de area na contorna da rampla de varada e na dos peiraos comerciais interiores