Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.756 novas da área temática Turismo:

07/12/2025 | 15:53 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental a un campamento de turismo no lugar das Telleiras, no concello de Nigrán

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

07/12/2025 | 12:59 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca en Ribadavia o dinamismo comercial xerado polo proxecto Vilas Vivas que vén de arrancar coincidindo co evento ‘Artesanía, Saber e Sabor’

José González comprobou hoxe o funcionamento dos primeiros locais xa abertos en Ribadavia coincidindo co evento ‘Artesanía, Saber e Sabor’ e destacou o interese que están a xerar entre o público e o tecido emprendedor

07/12/2025 | 11:54 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo participa na cerimonia oficial do Campionato do Mundo de Dardos Electrónicos Phoénix que se celebra estes días na Coruña

A delegada da Xunta destacou o papel fundamental que xogan os grandes eventos deportivos na promoción turística de Galicia que se reflicte nos bos datos xa que entre xaneiro e outubro, Galicia recibiu máis de 6,63 millóns de visitantes, que realizaron 12,35 millóns de noites, cifras que supoñen un incremento superior ao 2% en ambos indicadores respecto ao ano anterior

06/12/2025 | 16:17 | C. do Mar; Axencia de Turismo de Galicia

Villaverde destaca que a Festa do Marisco do Barqueiro representa a esencia da nosa costa

A conselleira do Mar estivo acompañada polo director de Turismo de Galicia e a delegada territorial da Xunta en Ferrol

06/12/2025 | 12:44 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta poñerá en marcha en 2026 a Casa de Artesanía de Ribadavia como espazo permanente para a comercialización do sector no marco de Vilas Vivas

José González destacou que un dos locais acondicionados na rúa Banda A Lira será dedicado a un centro estable de promoción artesanal, reforzando o papel deste ámbito como motor económico e cultural

05/12/2025 | 19:53 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta salienta a capacidade do novo Belén de Santa Cruz de Liáns para reforzar o atractivo do Nadal galego

O director de Turismo de Galicia  e a delegada da Xunta na Coruña asistiron á inauguración do Belén de Santa Cruz de Liáns, que reúne máis de 500 pezas artesanais

05/12/2025 | 18:20 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. do Medio Rural

A Xunta inaugura en Ribadavia o mercado ‘Artesanía, Saber e Sabor’ como punto de partida do proxecto de dinamización comercial Vilas Vivas

José González convidou a gozar da ampla programación prevista para estes días en Ribadavia arredor dos produtos artesáns e alimentarios de calidade e sinalou que este mercado suporá un punto de inflexión na recuperación do tecido comercial da vila

05/12/2025 | 15:58 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta celebra o 40 aniversario da declaración de Santiago como Patrimonio da Humanidade e destaca a súa importante proxección internacional para Galicia

O director de Turismo de Galicia, a delegada territorial da Xunta na Coruña e o director xeral de Patrimonio Cultural participaron no acto conmemorativo