O delegado territorial da Xunta en Ourense participa na presentación da VI edición da ‘Xures Bike Tour 2026’
Ourense, 9 de xuño de 2026
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá no Miradoiro sobre o Monte Viso, no concello de Lobeira, na presentación da VI edición da Xures Bike Tour 2026, proba ciclista en bicicleta de montaña tipo challenge, que consta de 2 probas circulares con clasificación final nos concellos de Bande e Muíños. A proba, que tamén discorre polos concellos de Lobeira e Lobios, reúne a deportistas do MTB de toda Galicia e Norte de Portugal.
Manuel Pardo subliñou que esta iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración coa Deputación de Ourense, a través do INORDE, permite potenciar os recursos naturais e patrimoniais da provincia, a través do turismo deportivo, e ao tratarse dunha proba de dous días, cáptanse visitantes que deixarán un importante impacto económico no territorio.