Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.331 novas da área temática Comercio:

23/02/2026 | 15:12 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta mantén aberto o prazo de solicitude das axudas do Bono Remuda, que o ano pasado contribuíu a manter 10 negocios na provincia de Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, explica que en 2025 acolléronse a este programa para garantir a remuda xeracional establecementos de Lugo, Vilalba, Abadín, Bóveda, Carballedo, Burela e Viveiro, que sumaron apoios por case 100.000 euros 

22/02/2026 | 16:05 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reforza a colaboración con chefs e prescriptores portugueses no marco do proxecto pioneiro ‘Artesanía no Prato’

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado pola xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou hoxe nun encontro con seis cociñeiros de recoñecido prestixio e un experto en viño e gastronomía

21/02/2026 | 12:34 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta e a Deputación de Pontevedra avanzan na súa coordinación para reforzar a atención e asesoramento ao emprendemento na provincia

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acordou co presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, consolidar os recursos a prol do traballo por conta propia a través da Rede autonómica de polos e dos servizos provinciais Smart Peme

20/02/2026 | 19:50 | C. do Medio Rural

María José Gómez pon en valor proxectos coma Embutidos Hermelino que xeran valor engadido e promocionan as razas autóctonas

A conselleira do Medio Rural visitou hoxe as novas instalacións desta empresa no polígono industrial de Mondoñedo, que contou co apoio da Consellería no marco das axudas de transformación e comercialización de produtos agrarios

20/02/2026 | 16:48 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o papel da Business Factory Food como motor da modernización do sector agroalimentario galego

A directora do Igape, Covadonga Toca, participou hoxe na inauguración do Infoday da VIII Edición desta aceleradora, onde puxo en valor o crecemento do ecosistema innovador galego e o modelo de colaboración público-privada da Rede de Business Factories

20/02/2026 | 11:56 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa na Coruña o diálogo entre arte, artesanía e deseño

A Fundación Artesanía de Galicia colabora co proxecto Orixes promovido polos ceramistas Pablo Rodríguez, do obradoiro Risco Estudio, e Verónica Moar, que comeza mañá sábado cunha charla do artista e deseñador Christian García Bello

20/02/2026 | 11:44 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o papel das mesas de comercio local para a coordinación público-privada a prol de medidas adaptadas á realidade de cada concello

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe na Mesa de comercio local de Betanzos e, ao final da mañá, asistirá tamén á de Curtis, poñendo en valor a importancia destes espazos como encontros de diálogo e cooperación

18/02/2026 | 15:11 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo anima ás asociacións de comerciantes a solicitar os 2,5 M€ en axudas para reforzar a súa profesionalización e capacidade de fidelización

Belén do Campo lembrou que poden optar ás axudas as asociacións de comerciantes de carácter territorial e sen ánimo de lucro, legalmente constituídas, cunha antigüidade mínima de tres anos, que representen, como mínimo, 50 negocios retallistas