Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.122 novas da área temática Infraestruturas:

08/07/2026 | 15:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
08/07/2026 | 14:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras da senda peonil e ciclista na PO-313 entre Cadro e Cadrelo, no concello de Marín, por un orzamento de máis de 740.000 €

O itinerario esténdese ao longo preto dun quilómetro na marxe esquerda da estrada PO-313 e os traballos incluirán outras actuacións, como unha parada de autobús e varios treitos de varanda no percorrido

06/07/2026 | 14:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Manuel Pardo supervisa os traballos de desentullo que Xunta e Deputación están a desenvolver en Viana do Bolo

Manuel Pardo puido comprobar o estado avanzado dos traballos necesarios de cara a avanzar na recuperación dos servizos e das infraestruturas danadas e impulsar actuacións que permitan dar unha resposta áxil ás necesidades dos veciños e veciñas

04/07/2026 | 11:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O avance na conversión en autovía da vía de altas prestacións Brión-Noia fará preciso o corte dos ramais do enlace de Urdilde en Rois, en sentido Santiago

Trátase da obra en execución do treito de 4,9 quilómetros da CG-1.5, entre Brión e o enlace de Urdilde, ao que a Xunta destina un investimento dos 11,2 M€

04/07/2026 | 10:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O inicio das obras de acondicionamento do viaduto da autovía Dozón-Ourense sobre o río Barbantiño farán necesario o corte total deste treito a partir deste luns, día 6

Trátase de levar a cabo a proba de carga do estado actual da estrutura, como actuación previa ao inicio da obra é adicional de contraste do comportamento da estrutura e do modelo de cálculo realizado sobre as inspeccións xa realizadas

03/07/2026 | 15:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inviste máis de 3 M€ na infraestrutura singular e moderna do Parrote na Coruña

O novo centro de servizos e a plataforma flotante permiten recuperar e transformar a zona do Parrote como referente de ocio, deporte e encontro social

03/07/2026 | 12:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Allegue destaca que a variante de Carballo, na que a Xunta investirá 22 M€, reducirá o tráfico pesado na trama urbana e reforzará a seguridade viaria e a competitividade na contorna

Subliñou o compromiso do Goberno galego co impulso desta estrada, cuxa redacción de proxecto de trazado foi complexa, e explicou que se continuará coa elaboración do proxecto construtivo para logo licitar e executar as obras

02/07/2026 | 18:05 | C. do Medio Rural

Medio Rural destina 150.000 euros á mellora de 1,8 km de vías municipais en Lalín

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, comprobou o resultado das obras levadas a cabo nas parroquias de Santiso, Méixome e Vilatuxe