Actualidade
Buscador de novas
A Xunta recibe 14 ofertas para a execución da urbanización para unha área de servizo e sendos aparcadoiros para vehículos e camións na AG-53, en Maside
O contrato, licitado por un investimento que supera os 3,6 M€ ten como obxectivo a dotación dunha área de servizo na AG-53, no quilómetro 80+465, con acceso directo en sentido Santiago e conexión mediante un paso a distinto nivel en sentido Ourense
A Xunta convoca as probas para obter ou renovar o certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada ou ferrocarril
As persoas interesadas deberán presentar a solicitude no prazo dun mes a partir de mañá e os exames celebraranse na derradeira quincena de outubro en día laborable
A Xunta amplía os servizos de transporte interurbano ao Hospital de Piñor, ás piscinas de Monterrei e adapta as conexións entre a estación de tren da Gudiña coas comarcas de Valdeorras, Viana e Verín
Manuel Pardo salientou que estas melloras atenden as solicitudes e propostas feitas desde distintos ámbitos da sociedade ourensá e son resultado dunha análise e estudo do aumento da demanda entre estas contornas e a cidade de Ourense
A Xunta mantén a aplicación das bonificacións do transporte público nos servizos marítimos da ría entre Vigo e o Morrazo, nos que viaxaron máis de 617.000 usuarios no primeiro semestre deste ano
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, comprobou o funcionamento do servizo no que a Xunta asume integramente o desconto do 40% debido a que o Estado o segue excluíndo dos descontos no transporte
Galicia e Estremadura esixen un novo modelo de financiamento autonómico pactado de forma multilateral e que garanta a igualdade entre territorios
Asinan unha declaración na que ratifican o seu rexeitamento a un financiamento privilexiado e negociado directamente cunha comunidade
A Xunta traslada ao concello de Vilalba a intención de executar unha nova parada de autobuses e avanzar na utilización da estación actual para outros usos
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, reuniuse hoxe coa alcaldesa, Marta Rouco, á que solicitou que o Concello ceda á Xunta os terreos para executar unha nova parada de autobuses en substitución da estación pechada
A Xunta amplía as frecuencias da conexión por autobús que presta servizo ás praias do concello de Oleiros durante os meses de verán
Engádense dúas novas expedicións en cada sentido desde a cidade da Coruña
A Xunta remata en Pontevedra as sendas de Xeve, cunha lonxitude de 2,5 km e un investimento de 2,4 M€
A conselleira destacou a colaboración de Stop Accidentes no deseño da actuación realizada, froito do convenio que a Xunta mantén co colectivo para promover contornas escolares seguras, así como a implicación do centro escolar, co que se consensuou a intervención
A Xunta lamenta que as únicas novas para Galicia respecto do Corredor Atlántico tan só se traduzan en “máis demoras, máis imprecisións e ningún avance”
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, considera un desacerto que o Comisionado para o Corredor Atlántico defendese hai escasos días o ritmo das inversións en Galicia cando “só acumulamos retrasos e anuncios que non se cumpren en tempo e forma”
A Xunta aborda cos concellos da Área de Transporte Metropolitano de Ferrol as súas propostas para adaptar servizos
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participaron na reunión da comisión de seguimento da ATM, no marco do compromiso da Xunta de reunir este organismo cada seis meses