Actualidade
Buscador de novas
A Xunta recibe ao alumnado do IES Coruxo de Vigo no Instituto Galego do Consumo e da Competencia nunha visita enmarcada na Semana do Goberno Aberto
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañou ao alumnado de 4º da ESO na súa visita e trasladou aos participantes a importancia da formación en materia de consumo
A Xunta abre este martes o prazo de adhesión para os negocios que desexen sumarse á campaña dos Bonos Activa Comercio deste ano
Como principal novidade, en 2025 os establecementos que desexen participar só deberán inscribirse unha única vez para todas as edicións que se convoquen durante o ano, avanzando así na simplificación administrativa
A Xunta salienta a alta participación no mercado do Tinglado da Coruña como exemplo do compromiso da cidadanía co consumo responsable e a reciclaxe
140 particulares expoñen os artigos que queren vender en Palexco cun horario de atención ao público entre as 10,30 e as 14,00 horas e entre as 16,00 e as 20,30 horas
Villares felicita a Burela Quality por apostar pola innovación e a pesca sostible como base do seu crecemento empresarial
Baixo ‘LaMarca Seafood’, a entidade mariñá introdúcese na xeración de marisco crioxenizado e tratado coa técnica Ikejime
Galicia lidera a promoción de produtos pesqueiros nos mercados internacionais e incentiva o consumo con campañas e o lanzamento do Bono peixe
O Goberno galego destina este ano máis de 20 millóns de euros a accións de posta en valor dos produtos da pesca e da acuicultura da man de entidades do sector e co foco en realzar o seu valor nutricional
A Xunta promoverá no marco da iniciativa ‘Localízate’ xincanas educativas en diferentes cidades galegas para conectar a mocidade co comercio local
Entre os días 12 e 15 de maio, Vigo, A Coruña, Ourense e Lugo acollerán carreiras por equipos polas principais zonas comerciais, nas que o alumnado da ESO participante deberá resolver probas e interactuar cos comercios colaboradores
A Xunta destaca o potencial da praza de abastos de Cee na dinamización do comercio de proximidade da zona
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou recentemente a praza de abastos do municipio de Cee na que se están realizando actuacións de mellora e onde estivo acompañado pola alcaldesa do municipio, Margarita Lamela
A Xunta continúa achegando aos máis novos o eido da artesanía a través do proxecto ‘Artesanía na escola’
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou hoxe no CEIP Plurilingüe de Silleda na segunda das unidades didácticas deste proxecto que busca achegarlle os oficios artesanais a escolares de primaria
A Delegación da Xunta en Lugo acolleu a presentación da Mostra dos Viños da Ribeira Sacra de Pantón, que se celebra esta fin de semana
Nove adegas participarán na 30ª edición da cita, declarada de Interese Turístico Galego, que incluirá dúas catas, a Festa da Empanada e actuacións musicais con varios grupos e orquestras do venres ao domingo