Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 321 novas da área temática Industria:

26/03/2023 | 13:34 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda pon en valor o compromiso de Sentury con Galicia a través do impulso dunha planta de pneumáticos nas Pontes que xerará 750 empregos

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, reuniuse en Santiago de Compostela co presidente do Grupo, Qin Long, para avaliar o avance da tramitación desta iniciativa, un dos catro proxectos industrias estratéxicos declarados polo Goberno galego

26/03/2023 | 12:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a aposta de Televés por avanzar na transición dixital e enerxética

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, realizou esta semana unha visita ás instalacións da compañía en Santiago de Compostela

23/03/2023 | 16:22 | C. de Economía e Industria

A Xunta avaliará a solicitude que Ence ten previsto solicitar en breve para tramitar a planta das Pontes como proxecto industrial estratéxico

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, sinala que esta figura permite a redución de prazos, incluíndo a concesión da licenza de obra

22/03/2023 | 14:12 | C. de Economía e Industria

Conde destaca o esforzo de Aguas de Mondariz por marcar a diferenza e a súa contribución á expansión da marca Galicia Calidade

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe en Baiona no acto de conmemoración do 150 aniversario desta marca que impulsou o desenvolvemento económico e social da contorna

21/03/2023 | 12:56 | C. de Economía e Industria

A Xunta e o concello de Beariz avalían novas vías de colaboración para impulsar a actividade empresarial no municipio

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta semana un encontro co alcalde do municipio ourensán, Manuel Prado

20/03/2023 | 15:29 | A Presidencia da Xunta; C. do Medio Rural; C. de Economía e Industria

Rueda resalta que as novas instalacións de Inleit en Curtis van situar Galicia á vangarda da industria láctea e contribúen a que o leite galego poida transformarse na comunidade

Destacou a “gran oportunidade” que supón este proxecto para xerar valor engadido ao leite galego a través da súa transformación sen saír de Galicia

17/03/2023 | 15:49 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga pola innovación e a internacionalización do tecido produtivo para seguir construíndo unha Galicia chea de certezas

O director do Igape, Fernando Guldrís, clausura o IV Congreso Nacional Interim Management onde pon en valor a raíz innovadora e sustentable que está a potenciar o Goberno galego para mellorar a competitividade do tecido empresarial, con liñas como a de economía circular que promove novos modelos de negocio mediante a optimización de recursos

17/03/2023 | 13:33 | C. do Medio Rural

Gabriel Alén subliña o compromiso da Xunta co tecido agrario da provincia de Ourense

O delegado territorial lembrou que se amplía o prazo de presentación de solicitudes
ata o vindeiro 27 de marzo

16/03/2023 | 15:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a aposta de Metalúrgica BB pola diversificación

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou esta mañá en Carballo as instalacións desta empresa familiar que está sabendo interpretar as necesidades que existen no mercado para darlle resposta